O Ribeiro convidado especial no Festival de Cine de San Sebastián

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia presentou o día 25 no restaurante Nineu, no edificio Kursaal, a participación do audiovisual galego na 60ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

O acto, presidido polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez, tivo como viño oficial ao Ribeiro, grazas á colaboración xurdida entre AGADiC e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Deste xeito as producións galegas “Los Increíbles” e “Operación E” iniciaron o seu camiño neste prestixioso certame.

Como se cata un viño?

Para catar un viño e percibir todas as súas características é necesario agudizar tres sentidos: a vista, o olfato e o gusto. A cata non é un privilexio de uns poucos, calquer “profano” pode adquirir unhas nocións básicas e aprender algúns trucos para diferenciar uns viños de outros. Propoñémosche unha maneira sinxela de iniciarte na cata, tan só realizándote a ti mesmo algunhas preguntas.

1. Vista

– Canta cor?: A cor do viño indicanos a súa estructura, a idade e a crianza.
– Canta capa?: Se un viño é moi opaco a súa estructura será máis carnosa. Fixándonos no ribete (a parte do líquido que toca co cristal) definiremos a cor e a tonalidade. No caso dun tinto, se ten tonos violaceos diranos que é a cor pura da uva, se o ribete é cor tella diranos que é un efecto da oxidación durante o envellecemento, facendonos saber que é un viño de crianza.

 

2. Olfato

A copa parada:
– Intensidade do olor, moita, media ou pouca?: A intensidade do aroma do viño proporciona informacións sobre a variedade da uva, o sistema de elaboración ou crianza (un viño xoven ten aromas máis intensos que un viño con crianza o cal os ten máis complexos), a calidade da elaboración, a idade do viño ou a súa evolución.
– Hai algún aroma dominante?: Aromas primarios ou varietais (aromas frutais), son os propios aromas da uva. Os secundarios proveñen da fermentación alcólica e maloláctica. Por último os aromas terciarios ou bouquet (vainilla, café, coiro, etc), son aqueles adquiridos durante a crianza, tanto en barrica como en botella; estes soen ser de oxidación, reducción ou ambos á vez.
Ó axitar a copa:
– Persiste o mesmo aroma ou cambia? Ó xirar a copar para que o viño desprenda mellor os aromas descubriremos o seu nivel de complexidade.
Debemos cheirar o viño antes de bebelo, máis que nada para saber se está en bo ou mal estado, se estivo ben conservado, se ten o odiosos olor a corcho (unha bacteria que entra no corcho antes de embotellar o viño e que o estropea completamente), ou no caso de ter un olor de reducción (olor a pechado) o teremos que decantar para que se airee.

3. Gusto

– Primeira impresión, como entra?: Na boca, aparte do sabor do viño, valoramos tamén a súa untuosidade, textura, frescura, alcol, etc. As nosas papilas gustativas poden captar catro sabores básicos: dulces, ácidos, amargos e salgados. O grado de dulzor depende moito do tipo de uva e da rexión donde se produciu. A acidez asociase a sensación de frescura do viño, é máis común nas zonas donde hai menos horas de luz. O amargo do viño ven dos taninos, que dan sensación de sequidade, pero se están equilibrados aportan estructura e equilibrio. E por último o sabor salgado non se pode atopar nun viño, salvo no caso da manzanilla.
Postgusto:
– Intensidade e duración, quédase ou non se queda?: O mellor da cata é a sensación global que nos deixa o viño, que moitas veces continúa e alargase no tempo. É o que se chama recordo, é decir, a persistencia das sensacións que nos deixou na boca e no naríz despois de tomalo.

Como última recomendación, só decirvos que a cata en adega é unha experiencia inolvidable que non podedes perdervos pola cantidade de matices que aporta, ademáis de ter a información de primeira mán daquelas persoas que elaboraron os viños que vaiades a degustar.

Agora, propóñovos un brindis.

A Ruta do Viño do Ribeiro en Madrid. Esencia galega.

As fins de semana da primeira quincena de setembro ten lugar en Madrid a “Ruta do Ribeiro. Esencia galega” unha actividade na que participan 18 adegas da Denominación de Orixe e que permitirá que o consumidor madrileño desfrute dunha nutrida representación dos viños da D.O. en 12 establecementos da cidade.

A campaña, promovida polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, se desenvolve nas principais zonas de reclamo hostaleiro en Madrid, seleccionando tres locais en cada unha delas. En total doce establecementos situados no barrio de Huertas, El Retiro, a zona de Salamanca-Goya e a Latina, integran esta particular ruta na que se poderá degustar gratuitamente unha importante selección de viños da Denominación de Orixe Ribeiro e adentrarse neste apaixonante mundo, grazas ás explicacións dos profesionais a cargo da campaña.

Premiarase a todos aqueles que nestes días consuman viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entregando un regalo directo ao completar o Pasaporte de Ruta co selo de tres establecementos colaboradores; abrindo ademais un novo grupo de amigos en Facebook que poderán coñecer de primeira man as novas desta Denominación de Orixe histórica e participar no sorteo de viaxes ao Ribeiro e numerosos agasallos.

Con esta iniciativa o Consello Regulador pretende achegar os viños da Denominación de Orixe Ribeiro ao consumidor final, e promover a súa maior representación na hostalería madrileña coa incorporación de novas marcas.

Nesta nova etapa o Ribeiro pretende establecerse nos principais mercados cun produto diferenciado, trasladando ao consumidor a autenticidade dun viño con raíces, e como a súa elaboración en base a variedades de uva autóctonas fan destes viños un referente dos brancos no eido internacional.