Receitas de outono: Coello con castañas

Propóñovos para celebrar ó quente estes días cristiáns e pagáns de Todos os Santos e Samaín, cunha receita que veu parar a este blog logo de dar unhas cantas voltas polo mundo. Esta receita é orixinaria do Restaurante San Miguel, sito na cidade das Burgas, e veño de apañala da páxina de Galicia Espallada, web de emigrantes galegos con dominio arxentino.

COELLO CON CASTAÑAS

Ingredientes para 6 persoas:
2 coellos,
1/2 kg. de castañas crúas,
250 g. de xamón do país,
2 dentes de allo,
1 cebola,
2 cenorias,
1 sobre de azafrán en rama,
un pouco de maicena
1 copa de coñá,
1 copa de xerez seco,
sal,
aceite.

Preparación:

Nunha cazola ó lume poñémo-lo coello partido co aceite e un dente de allo. Unha vez dourado, engadímo-lo xamón, a cenoria e a cebola ben cortados xunto co azafrán e o outro dente de allo. Botámoslle o coñac, o xerez e un pouco de caldo branco, dándolle unha pouca de espesura ó prebe con algo de maicena. Deixamos cocer uns 40 minutos, probámo-lo sal e engadímoslle as castañas, que tiñamos cocido antes. Prato moi recomendado para acompañar cun bo viño tinto do país.

Deixovos tamén un video moi recomendable de Dani Guzmán preparando un prato semellante en VTelevisión.

Bon proveito 😉

O Ribeiro convidado da Feira Mercat de Mercats de Barcelona

A Denominación de Orixe Ribeiro viaxa este fin de semana a Barcelona como convidada da Feira Mercat de Mercats. Realizará actividades de introdución aos viños da Denominación dirixidas ó público e tamén catas a profesionais do sector. Trátase da recreación dun auténtico mercado na Praza da Catedral de Barcelona destinado á promoción dos produtos de calidade dos mercados e denominacións de orixe de Cataluña.

O Ribeiro volta por segundo ano consecutivo a este escaparate de productos, no que participarán máis de 70 expositores locais.

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro acudirá ao evento con oito adegas: Adega Sameirás, Coto de Gomariz, Casal de Armán, Cunqueiro, Cuñas Davia, Eloi Lorenzo, Pazo Lalón e Terra do Castelo, que presentarán os seus viños máis destacados nesta iniciativa dirixida ao público catalán.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fonte: La Región

Rematando de vendimar

Desta volta tocoulle ao tinto.

Mellor maduración que o ano pasado, mellor concentración de aromas con estas noites tan frescas destes días pasados e igual que no branco, merma de uva colleitada con respecto a 2011, nuns porcentaxes razonables no caso do tinto.

Remata unha etapa do ano para comezar con outra nova anada nesta festa que é a vendima, agora… toca traballar en bodega!

Aí podedes ver máis fotos da vendima do tinto:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Álbum Vendimia 2012