Tenreira galega con boletus

Posto que estamos en plena época de recollida de cogumelos, que mellor cousa vos podemos propoñer que unha receita elaborada con eles de base? Nesta receita o hongo en cuestión é a Andoa (boletus edulis), unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura e moi abundante en zonas de castiñeiros e carballos.

TENREIRA CON BOLETUS

 Ingredientes para catro persoas:

800 gr. de carne de tenreira
60 gr. de boletus
1 cebola
1 dente de allo
1 copa de viño branco
2 galletas María
12 amendoas tostadas
Prixel
Caldo de carne
Aceite de oliva
Pementa negra
Canela
Sal

 

Preparación:

Primeiro introduzimos os boletus a hidratar con auga e deixámolos unha hora.
Cortamos a carne en bistecs pequenos, pasámolos por fariña e dourámolos nunha cazola con aceite de oliva. Reservámolos nun prato con papel absorvente.
Sacamos as impurezas do aceite e facemos un sofrito coa cebola picada. Unha vez estexa dourada engadimos a carne, botamos unha copiña de viño branco e deixamos que reduza.
Regámolo cun par de cucharóns de caldo de carne e deixámolo cocer a fogo lento unha hora. Engadimos un pouco de pementa negra e unha pizca de canela.
Mentras, nunha sarten cun pouco de aceite salteamos os boletus que colamos previamente. Aproveitamos tamén a auga para engadir na cazola.
Cando a carne estexa tenra engadimos os boletus e remexemos.
Finalmente engadimos unha picada feita cun dente de allo, prixel e duas galletas María.
Rectificamos de sal e voilà! Listo para servir!

Comentario:

Este prato é unha especie de fricandó sen tomate. A canela apórtalle un aroma interesante pero temos que ser prudentes á hora de botala. O boletus é un cogumelo moi aromático e cando a hidratamos deixa moita sustancia na auga, por iso a aproveitamos engadindoa á cazola.
Podedes facer este prato con boletus frescos, conxelados ou con calquer outro tipo de cogumelos, pero iso sí, se non son mercados nun lugar de confianza acudide a asociacións especializadas con xente coñecedora dos hongos para cerciorarvos que son comestibles.
Moi recomendable un bo viño tinto como acompañamento.

(Video receita Hotel Augusta Sanxenxo)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s