Os da Ría presentan o seu novo disco en Culturgal

odrboletin

Os da Ría presentaron hoxe ás 12 na Feira das Industrias Culturais Culturgal o seu novo disco, que viu a luz gracias aos apoios conseguidos a través do crowdfunding.

No ano 2010 Arturito e Fabián (Carlos Meixide e Tomás Lijó) comezaron a súa grande xira de despedida, unha despedida de máis de 10 ans de compartir éxitos nos escenarios e que merecía ter unha despedida ben senlleira e emotiva. Sendo así, Os da Ría rodeáronse de catro músicos ben senlleiros e solventes, curtidos nos máis diversos paos de a música: Suso Pián (Suso Alonso, aos teclados), Eneko Toba (Xabier Olite, á guitarra), Roque Permuy (Roi Fernández, ao baixo) e Ramón Reynolds (Ramún Rúa, á batería). Con eles, pretenden continuar “despedíndose” e non deixar indiferente a ninguén e que ten no absurdo, na ironía e no humor, as súas bazas de xogo, todo elo aderezado coas melodías e letras pegañentas que fan bailar ao máis parado e fan cantar ao máis calado.

Fonte: Culturgal
Descargas: Folleto Programa

III Ranking independente de viños de menos de 10 €

(3er) ranking vinos

Un ano máis Mileurismo Gourmet volve convocar o Ranking independente de viños 10 € na súa 3ª edición.

Hoxe, 1 de Decembro, en Pontevedra, un xurado especializado composto por adegueiros, enólogos, prensa especializada, importadores e afeccionados será o encargado de decidir cales dos viños presentados (mais de 300 referencias na edición de 2011) son merecedores de ser considerados os mellores por debaixo dos 10 € de prezo de venda ao público.

Dous seguen sendo os obxectivos principais desta cita. Por un lado dar a coñecer e difundir viños de excelente relación calidade prezo e accesibles ao público en xeral. Por outra, apoiar e fomentar o traballo daqueles produtores, pequenos e grandes, que conseguen elaborar viños de calidade, honestos e a prezos competitivos.

Pontevedra converterase na capital  do viño para todos. O equipo de Vinoteca Bagos, un dos mellores espazos dedicados ao viño no país que, ademais, inaugurara novo local no centro neurálxico da cidade, será o encargado de dispoñer a loxística necesaria para a realización da cata.

Pero tamén haberá novidades. A máis importante, este ano o Ranking ábrese ao público, e tras a deliberación, concretamente o próximo 15 de decembro, con ocasión da entrega de galardóns, terá lugar unha cea maridada cos viños vencedores á que todos os pontevedreses, e aqueles que queiran desprazarse poderán acudir logo de reserva. Unha ocasión xenial para intercambiar impresións entre consumidores, afeccionados, bodegueiros premiados e organizadores do Ranking.

Para elixir o foro de tal evento escolleuse o Hotel Room, un atrevido e espectacular espazo cuxo proxecto, comprometido coa vangarda Hoteleira e Culinaria de Pontevedra, non deixará indiferente a ninguén.

A edición de 2011 contou coa participación de máis de trescentas marcas vindas de cincuenta denominacións de orixe de España, Portugal, Francia, Italia e Arxentina. Este ano espérase unha elevada participación de viños fundamentalmente nacionais de gran calidade que farán moi difícil o traballo do xurado.

Fonte: Galicia Confidencial
Descargas: Dossier Ranking 2012