Participa no Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!

Gústanos que participedes nas nosas iniciativas! Proba delo é a enquisa que publicamos nesta semana na que vos convidávamos a escoller o tema do seguinte artigo deste blog (xa está pechada a votación). E a mostra de que nos gusta que interactuedes con nós é a organización do:

Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!

Super Senlleiro PackQueremos premiar a un dos lectores deste humilde blog co auténtico e inimitable pack de Adega María do Pilar e Os da Ría, composto de tres botellas (non unha, nin dúas… tres!) do viño branco máis Senlleiro super edición especial e do grandísimo e inigüalable Disco Díscolo de Os da Ría.

De que maneira funciona o Gran Sorteo?

Pois moi sinxelo, case coma unha porra, só tes que deixar publicado un comentario neste mesmo artigo do blog escollendo un número do 00 ó 99 (un só número por persoa/comentario) e aquel que coincida coa terminación do primeiro premio do Sorteo Extraordinario do Neno que se celebra o día 6 de xaneiro de 2013 será o que se leve o pack!!

A que agardas para participar? Tes unha opción entre cen de ser o gañador! Non o duvides e comenta xá este artigo, ah! e non te olvides de cubrir o teu nome e o teu mail para poder comunicarche a maneira de recolleres o teu premio!

Sorte!!

Advertisements

13 comentarios en “Participa no Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!

  1. Como me vai tocar a min deberia escollelos todos pero voume a kedar co 15 e ke gañe o mais suertudo, ou sexa eu. Jejeje.

  2. Antes de nada, desexarvos unhas boisimas e senlleirisimas festas a tod@s…e agora si…o meu numero seria o 3…pero vouno cambiar polo 12…porque iste foi un ano mui especial…Bicolos¡

  3. Pingback: Xa temos gañadora no Gran Sorteo deste Nadal! « A Despensa

  4. Pingback: Os tres mellores no ranking da Despensa | A Despensa

Os comentarios están pechados.