Naquela Feira do Viño de 2010 tivemos Senlleiras visitas…

Si señor, como nos gusta facer memoria! E debe ser por iso de que cando te pós a tomar unha copa de viño, e emprendes carreta cos amigos, véñenche a memoria bos recordos e anécdotas daquí e dacolá. Como aquela Feira do Viño do Ribeiro do ano 2010, da que Camila Bossa era a senlleira pregoeira e na que nos agasallou cunha agarimosa dedicatoria da que hoxe vos ofrecemos as imaxes. E como olvidarnos do gran Benigno Campos! que veu tomarse uns viños canda nós logo de que uns días atrás levara para maridar coas súas saborosas receitas o noso viño Rechamante no programa Larpeiros.

Que isto valga de saúdo e ademáis de pequeno homenaxe! 😉

Comeza xa o Concurso de carteis da 50 Edición da Feira do Viño do Ribeiro!

O Consello Regulador colabora co Concello de Ribadavia na organización da Feira do Viño do Ribeiro. Como primeira actividade desta edición, convócase o Concurso de Carteis que ilustrará o cincuenta aniversario desta cita, declarada de interese turístico.

Feria Ribeiro 49 EdicionA convocatoria do concurso farase pública hoxe, venres 25 de xaneiro, estando dirixida a creativos e artistas de calquera nacionalidade, que deberán presentar obras inéditas orientadas á exaltación do viño do Ribeiro.
O prazo para presentar os orixinais (formato físico ou dixital) remata o vindeiro 12 de marzo, estando previsto o fallo do xurado e presentación da obra gañadora para o día 22 de marzo. Concederase un premio de 1.500€ ao cartel gañador, e de 250€ a cada un dos dous accésits que outorgará o xurado. Este xurado estará composto por profesionais do mundo da arte e do deseño, estando ademais representados os organizadores: o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia.

Todas as obras presentadas a concurso formarán parte dunha mostra que se inaugurará en Ribadavia coincidindo coas datas de celebración da feira.

Fonte: Ribeiro.es
Descargas: Bases Concurso Carteis 50 Feira do Viño