Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg

De novo Os da Ría sorprenden a propios e extranos coa súa personalidade trangalleira nunha senlleira entrevista na Revista da Tvg, guiada pola fermosa periodista Lorena Pose, e demóstranlle aos galegueiros e galegueiras que a culturiña é o máis importante. Presentando a “xiradeliña depedideira do Disco Díscolo, ese conxunto de xites que compunxen a banda sonora dos vosos soñolos e dos vosos recórdolos” a emoción de escoitalerar a Carlos Meixide e Tomás Lijó danos “ata gañas de invadir o Bierzo!”.

“Se os cataláns teñen o cávola e os franceses teñen o champaña, os galegueiros e as galegueiras tamén debemos ter o nosos viño propio pos nosos bríndeles, e ese e o viño Senlleiro, o viño máis cantareiro e bailadeiro!” di Carlos Meixide nun momento da entrevista logo de comentar Lorena Pose o despregue de productos e de consultar pola calidade do viño, do que ademáis afirma Tomás Lijó que “podemos dar fé da encalidade do producto e non en balde é o viño que bebemos Os da Ría“.

Non deixedes de ver esta senlleira entrevista, non deixes de escoitar “nos teus Audis e nos teus chaleses” este Dísco Díscolo, e como non, deixa que o viño Senlleiro “encompañe os teus bríndeles en todalas celebracións”.

Entrevista máis Senlleira

Sigue a entrevista entre os minutos 18 e 28!

Advertisements

2 comentarios en “Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg

  1. Pingback: Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg

  2. Pingback: Os tres mellores no ranking da Despensa | A Despensa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s