Que son as lías e a crianza dun viño sobre elas?

Primeiro explicarvos que chámaselle lías ás sustancias sólidas, sobre todo restos de levaduras, acumuladas no fondo dos depósitos ou das barricas trala fermentación do viño. Cando lle vexades a un viño na súa etiqueta que tivo unha crianza sobre lías, o que nos queren decir é que o viño estivo en contacto coas levaduras que producen a súa fermentación durante un período de tempo determinado. Este é un proceso que hoxe parece novidoso (máis que nada polo nome que lle damos) pero xa se facía en moitas casas e adegas, e que proporciona ó viño certas propiedades organolépticas e unha melloría da súa estabilidade física e química.

levadurasEsta técnica ten unha serie de ventaxas e desventaxas:

Entre as ventaxas vemos que favorecen a estabilización do viño, que lle dan unha maior untuosidade e sensación de densidade na boca, que se protexe ó vino contra a oxidación debido a que as levaduras mortas siguen consumindo osíxeno, son menos astrinxentes, teñen novos aromas e incrementa a persistencia destes.

Como desventaxas vemos que en barricas vellas de carballo hai risco de aparición dunhas levaduras que lle confiren malos olores, precisase un control sanitario e hixiénico máis riguroso e producese unha evolución máis lenta do viño, sobre todo nos tintos.

Máis información: Asociación Galega de Viticultura

Advertisements

3 comentarios en “Que son as lías e a crianza dun viño sobre elas?

  1. Pingback: Nova imaxe para os viños de Adega María do Pilar | A Despensa

  2. Pingback: Tostado do Ribeiro, pingas dunha historia dourada | A Despensa

  3. Pingback: As mociñas xeitosas sempre se fixeron agardar! | A Despensa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s