O Master de Turismo da Universidade de Vigo visita O Ribeiro

Alumnos e profesores do Máster en Dirección e Planificación do Turismo da Universidade de Vigo visitan a D.O. Ribeiro nunha xornada de achegamento á historia e modelo enoturístico da Denominación de Orixe.

master-turismo-uvigoO Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro recibiu a visita dun grupo de alumnos e profesorado do Máster en Dirección e Planificación do Turismo da Universidade de Vigo. A xornada consistiu nun percorrido polas adegas e establecementos adscritos á Ruta do Viño do Ribeiro, trasladando así os principais recursos turísticos da rexión vitivinícola histórica de Galicia.

Deste xeito, o grupo coñeceu de primeira man algúns dos establecementos de referencia da D.O., nun programa que incluíu a visita a un complexo enoturístico que integra na súa proposta aloxamento rural, adega e restaurante, unha das adegas da denominación recentemente recoñecida coa Q de celdiade, para finalizar o percorrido cun breve seminario impartido por persoal do Consello Regulador con degustación de máis dunha vintena de marcas da Denominación de Orixe Ribeiro.

Esta visita nace dunha recente colaboración do Consello Regulador coa Universidade de Vigo no último Congreso Internacional de Turismo de AECIT, coa que ademais se pretende formalizar un convenio de colaboración para o próximo curso académico.

Fonte: Ribeiro.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s