“II Xornada de portas abertas” nas Adegas da Ruta do Viño do Ribeiro

II Xornada de Portas Abertas nas adegas da Ruta do Viño do Ribeiro. 

Viña SC desde arriba
Os días 1 e 2 de xuño, adegas da Ruta do Viño do Ribeiro abrirán as súas portas para todos aqueles visitantes que se queiran achegar a visitalas. Ofreceranse menús degustación nos restaurantes e haberá ofertas especiais nos aloxamentos. Ademais de exposicións, concertos…

Unha fin de semana cargada de experiencias enoturísticas nunha das denominacións de orixe máis antigas de España.
Ven a visitar a nosa Adega, non o podes perder!!!

Descargas: Programa II Xornadas de Portas Abertas

Alacena da Aldea, un ultramarinos contemporáneo no centro de Avión

Coa chegada do mes de maio recibimos a boa noticia da apertura dun novo comercio local no Ribeiro.

IMG_9953Moito máis que unha tenda de alimentación, Alacena da Aldea é un ultramarinos contemporáneo donde podes atopar froitas e verduras frescas, marmeladas ecolóxicas, todos os productos necesarios no día a día, comida mexicana (como non podía faltar por estes lares!), xabóns e productos naturais de Naturavia, e unha boa variedade de viños e licores das Denominacións de Orixe galegas, en especial do Ribeiro e entre eles os nosos viños, xunto co “Pack Senlleiro super edición especial de Os da Ría, que amplía deste xeito a lista de lugares donde poder mercalo!

Dende este blog queremos amosar todo o noso apoio a esta iniciativa de dúas mozas tan senlleiras e bulideiras como son Ana e Almudena, e convidámosvos a visitalas lembrándovos que xunto coa vosa compra entraredes nun sorteo o día 4 de xuño dun circuito termal nas Termas de Prexigueiro! Necesitas máis razóns para ir a Alacena da Aldea?

O pase de diapositivas require JavaScript.