Castrelo tenta atraer 10.000 visitantes ó municipio

O Concello de Castrelo de Miño, ante a situación de crise xeral, está a colaborar na organización de diversos eventos que acheguen visitantes ata o municipio co fin de dinamizar a economía de comerciantes e hosteleiros. O Concello calcula que estas actividades atraerán ó municipio a máis de 10.000 persoas entre participantes, acompañantes e público en xeral.

castrelo1Deste xeito, iniciaba o programa o pasado 28 de abril, que se prolongará ata o 30 de xuño. ‘Nove eventos en nove fins de semana consecutivos’, sinala o alcalde, Xurxo Rodríguez, referíndose a probas de ciclismo de montaña, de triatlón, natación, cross, unha andaina, concentración de coches clásicos e exposición de coches tuning, campionatos internacionais de remo olímpico, carreiras de coches e campionato de ciclismo de carretera, ademáis da feira.

Sendo Castrelo de Miño un dos tres lugares do estado que dispón dunha pista olímpica de remo, abre este ano a temporada cunha importante proba internacional, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de xuño. Trátase da Copa Ibérica de Remo Olímpico, que achegará a deportistas e visitantes de España e Portugal. Para o 16 de xuño, e por primeira vez, este municipio tamén será punto de saída e meta do Campionato de Ciclismo da Península Ibérica 2013.

Fonte: La Región

Advertisements

Un comentario en “Castrelo tenta atraer 10.000 visitantes ó municipio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s