Calendario de visita ás Adegas do Ribeiro, verán 2013

Dende Adega María do Pilar e grazas á Ruta do Viño do Ribeiro, poñémos á vosa disposición este calendario onde poderás consultar as adegas do Ruta do Viño do Ribeiro que programan visitas para as fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. Nel podes consultar os horarios de Visita, e ademáis na páxina web da Ruta outros moitos datos máis como mapas, teléfonos de contacto, direccións de correo, páxinas web, etc.

Recorda que a nosa adega podes visitala xa estes días 28 e 29 de xullo, cun horario de 12:00 a 18:30 o sábado e mediante reserva o domingo. Se queres máis datos sobre como chegar e facer as reservas consulta pinchando neste texto.

Descargas: Calendario visita Adegas Xullo-Setembro 2013

Sabedes que é a “esfarna”?

Aínda que a estas alturas do ano xa nos atopamos nun punto intermedio entre a floración das cepas e a recollida do seu froito, hoxe gustaríanos falarvos un chisco desta parte tan elemental do ciclo vexetativo da vide á que chamamos “esfarna”, ou o que é o mesmo, a floración e fecundación da vide; unha definición sinxela para un proceso tan importante pois determina o volume da colleita.

Antes da esfarna podemos ver como os acios florais están totalmente desenrolados; a este estado chámaselle “botóns florais afastados”. É curioso porque a flor é pentámera, é decir, a súa estructura está formada por cinco pezas: ten o cáliz formado por cinco sépalos, a corola formada por cinco pétalos, e o andróceo formado por cinco estambres, só varía o organo feminino (gineceo) formado por dous pistilos con dous ovulos en cada un.

O pase de diapositivas require JavaScript.

A floración comeza coa apertura da corola pola base deixando ó descuberto os organos da flor dispostos así para a polinización. Este proceso ven sucedendo entre os meses de maio e xuño, pode durar máis ou menos quince días e vese favorecido por temperaturas entre 20 e 25 ºC e tempo seco.

Logo ven o callado, donde caen os estames mirrados e engrosan os ovarios que constituirán o gran de uva. Todo este ciclo termina cando o aporte de nutrintes favorece o engorde dos bagos ata que acadan un tamaño semellante ó dun guisante.

Descargas: O ciclo anual da vide – UVigo

Adegamariadopilar.com actualízase neste verán tan caluroso de 2013

Mantendo a mesma senlleira estética da páxina dende a súa creación , adegamariadopilar.com actualiza os seus contidos neste verán tan rechamante que nos toca vivir neste 2013.

Engadindo todos aqueles sitios de internet nos que nos podedes seguir tales como este blog de WordPress así como os perfís nas redes sociais Twitter e Google+. Ademáis de mostrar a nova imaxe dos nosos tres viños Rechamante, Senlleiro Selección e a edición limitadísima de Porta da Raíña, un branco con carácter elaborado coa mellor treixadura criada sobre lías. Un apartado novo para contactar con nós… e un longo etcétera!

En vez de seguir a explicarvos todos os cambios… non sería mellor que os descubrirades por vós mesmos!? Non deixedes de visitar a nosa humilde páxina adegamariadopilar.com!

Saúdos 😉