Sobremesas de Oriente: Doces exipcios

Grazas a convivencia entre xudíos e cristiáns que na Idade Media existiu na comarca do Ribeiro (máis concretamente na súa capital Ribadavia), e tamén grazas ó contacto mantido coa cultura islámica de Al-Andalus na mesma época histórica, chegaron ata nós moitos dos sabores da repostería hebrea e árabe que doutra meneira teríanse perdido e que de forma tan rica e variada constitúen parte da nosa historia e dos nosos costumes.

A convivencia das tres culturas foi un elemento fundamental e foron as especias e a combinación dos ingredientes o que fixo mellorar e favorecer o desenrrolo dos sabores, mezclando deliciosamente os aromas. Para transmitir esta cultura culinaria hoxe queremos ensinarvos como se elaboran estes suculentos doces Exipcios.

Doces exipcios– Ingredientes:
150 g. de manteiga
300 g. de fariña de trigo
1 cullerada de auga de azahar
50 ml. de aceite de oliva
1 cullerada de azúcre
1 chisca de sal
Azúcre glass para decorar

– Para o recheo:
250 g. de dátiles moídos
2 culleradas de azúcre
1 cullerada de auga de azahar
1 cullerada pequena de canela en pó
1 chisca de clavo moído
1 cullerada de manteiga

– Elaboración:
Traballamos suavemente a manteiga, o aceite, a auga de azahar, o azúcre e a chisca de sal. Logo engadimos a fariña pouco a pouco ata conseguir unha masa de consistencia blanda pero non pegañenta, e deixamos repousar a masa 15 minutos.
Mentras tanto mezclamos nun cacharro todos os ingredientes do recheo de dátiles e reservamos esta crema.
A continuación dividimos a masa en porcións moi pequenas en forma ovalada, a cada porción dámoslle a feitura dunha croqueta á que lle facemos un buratiño que enchemos coa crema de dátiles. Cerramos ben a croqueta para que non saia o recheo durante a cocción e colocámolas nunha bandexa de forno sobre papel antiadherente.
Agora co forno previamente quentado a 180º cocémolas durante 9 minutos, é importante non deixar que se douren! E por último unha vez frías envolvémolas moi delicadamente con moito azúcre glass e servímolas.

Unha sobremesa deliciosa!

Descarga ésta e máis receitas no noso Receitario!

Ribadavia e a Festa da Istoria, un fermoso enlace xudeo

Un dos actos centrais do día grande da Festa é a voda xudea, froito dunha detallada investigación desenvolvida polo Centro de Estudos Medievais de Ribadavia e que se celebra todos os anos a iso das dúas da tarde na igrexa da Oliveira baixo un palio nupcial chamado “Jupá”. Non olvidedes asistir vestidos de época para poder desfrutar dela e do seu simbolismo!

Un rabino, que é o oficiante da cerimonia, pronuncia sobre a parella sete bendicións chamadas “Sheva Berajot”, e bébese dunha copa de viño. O noivo toma á noiva por esposa colocándolle no dedo un anel, e a aceptación dese anel por parte da noiva, expresa o consentiminto dela de unirse por esposa a ese home. Después fírmase e léese a “Ketubá”, un contrato matrimonial (no xudaísmo o casamento é visto como un vínculo contratual ordenado por Deus), que ten sido parte integrante dos casamentos dende aproximadamente dous milenios.  Despois da unión dos dous noivos, o rabino procede á lectura dun texto en hebreo de gran carga simbólica, o primeiro capítulo do libro do Xénese, a Creación do Mundo. Como punto final da cerimonia o noivo rompe cos pés unha copa de viño, amosando a súa ledicia polo casamento.

Descargas: Programa Festa Istoria 2013

Mézclate brother!

Viño tinto, mazás e chocolate… unha extraña mistura?

Todo o contrario, según Elaine Magee, nutricionista da Universidade de Standford e autora do libro Food Sinergy (Sinerxia dos Alimentos): “as mazás, ó igual que o viño tinto, conteñen flavonoides, e por outra banda o chocolate negro, así como as uvas, o viño tinto, o té e os arándanos, están cargados de catequinas. Aínda que ambos compostos son beneficiosos por sí sós, multiplican os seus beneficios cando traballan en equipo. Combinados evitan que as plaquetas do sangue obstrúan as arterias. O resultado é unha reducción do risco de ataques cardíacos e derrames!”

mazas.choco.viñotinto

Como podes ver, hai combinacións non tan habituais na nosa dieta (como unhas lentellas con chourizo nas que a proteína do embutido axuda a absorver o ferro da legume) que poden resultar moi beneficiosas para o teu organismo.