Costeletas á menta, unha barbacoa á irlandesa

costilletasmenta1costilletasmenta2INGREDIENTES:
8 costeletas de porco
300 g. de chícharos
2 cebolas
1 ramillete de menta fresca
2 dentes de allo
2 follas de loureiro
Un chisco de pementa
Vinagre de viño
Aceite de oliva
Sal

ELABORACIÓN:
Para facer o aderezo, machaca o allo xunto co sal, un chorriño de aceite de oliva, loureiro e seis follas de menta. Unta ben as costeletas con este mexunxe e deixas unhas horas para que collan sabor.
Agora, para facer a salsa de menta ferve un cuarto vaso de auga, bota un nadiña de azucre e desolveo, engade doce follas de menta e deixa enfriar. A continuación bota medio vaso de vinagre, un toque de aceite de oliva, unha pizca de sal e outra de pementa e pasao todo ben pola batidora.
Logo, para facer o puré de chícharos, pica a cebola e cocea nunha cazola xunto cos guisantes. Pasao todo polo pasapurés con seis follas de menta, un chorriño de aceite e unha presiña de sal. Esta crema é mellor servila quente, entón mellor preparaa un pouco antes de servir as costeletas.
Por último prepara a barbacoa e recorda, sirve todo ben quentiño xunto co puré de chícharos e a salsa de menta!

SUXERENCIA:
Xenial acompañante deste prato serían viños de treixadura, albariño ou godello algo envellecidos, viños que se caracterizan por ter máis untuosidade, ser máis complexos e que poden maridar bastante ben con estas carnes cociñadas con recietas tan lixeiras.

Bo proveito!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s