Anguía, manxar do Miño

No corazón do Ribeiro, alí onde “o pai Miño” protagoniza a vida galega, naquel lugar onde a paisaxe se adorna de cultivos de vide que ocupan soleadas ladeiras, alí onde agora se levantan presas que embalsan a auga, a anguía foi unha abundante especie que en tempos antigos era un produto de subsistencia e que actualmente se converteu nun apreciado bocado para exquisitos padais.

anguiasA construción dos encoros no Miño a punto estivo de remataren coa especie, dadas as dificultades de remonte da anguía polas prefabricadas canles, onde a miúdo os exemplares morrían pola presión da auga ou por efecto das turbinas. Hoxe, conscientes da importancia da anguía, anualmente son rescatadas miles delas e axudada pola man do home a remontar os ríos galegos para que o seu ciclo vital poida seguir adiante. E así percorren -ao alcanzar a súa madureza- durante case un ano máis de 4.000 kms., chegando ao mar dos Argazos onde se aparean, desovan e morren. Afortunadamente, as pequenas crías emprenden a viaxe para regresaren ao río dende onde partiron as súas nais e continuar a deleitarnos.

Cóntanos D. José Cornide no seu “Ensayo de una historia de los peces” (1788) que “se serven as anguías frescas, fritas, guisadas e empanadas; pero cando son de proporcionado tamaño ásanse sobre as grellas, rebozadas en follas de loureiro ou parra, e aderezadas cun pouco de limón e pementa… “.

Cónstanos que en casas da zona aínda existe a tradición de degustalas cocidas ou en empanada, nós gozámolas sinxelamente fritidas: crocantes, substanciosas… Delicada carne de suave sabor, se tes a oportunidade non deixes de saborear este peixe con corpo de serpe, estou convencida de que te conquistará. Outro día falaremos da cría da anguía, a cotizada angula, pero esa é outra historia…

Publicado en: Benbo.eu por  Mercedes Blanco (La aprendiz de chef)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s