Mexillóns con chourizo

Para a receita da Despensa desta semana vamos botar man dun libro moi xeitoso publicado non fai moito mediante o proxecto Equal Avia Crea Futuro. Unha publicación coa que se pretende transmitir as receitas máis coñecidas da nosa gastronomía e unha ferramenta de traballo para todos os restaurantes e establecementos gastronómicos da comarca. Falamos do receitario “Cociña tradicional do Ribeiro”.

Usamos o mexillón galego como ingrediente principal da receita de hoxe para ensalzar un producto tan natural e saludable cun suxerente e delicioso sabor. Ricos en proteínas, debido ó seu elevado contido en glucosaminas resulta de especial utilidade nos procesos articulares como a reuma, a artritis e a artrosis. Contén moito omega-3 que axudan a controlar os niveis de colesterol en sangue. Ricos en vitaminas do grupo B, que permiten combatir estados de fatiga, sendo ademáis un alimento interesante para nenos e deportistas. Ricos en minerais (entre os que destacan o calcio, o iodo, o ferro, o potasio e o magnesio). O seu elevado aporte de ferro fainos moi adecuado para persoas con anemia ferropénica. O iodo, por otro lado, prevén o hipotiroidismo.

mexillons con chourizoIngredientes (para catro persoas)

2000 g. de mexillóns
Unhas follas de loureiro
Un chorriño de aceite de oliva
Unha chisca de sal
1 cebola
1 allo porro
2 chourizos de carne
1/2 litro de nata
1 vaso de viño branco do Ribeiro

Elaboración

Nunha tarteira cun pouco de auga no fondo e unhas follas de loureiro cócense os mexillóns co fin de que abran axiña co vapor. Por outra banda, refogamos a cebola e o allo porro que previamente teremos cortado en xuliana. Cortamos os chourizos finos e engadimolos á tixola sen que se faga demasiado. Engadimos o vaso de viño branco e deixamos reducir.
A continuación, mesturamos os mexillóns con este preparado, e por último engadimos a nata ata que ferva.
Presentamos nunha fonte cos mexillóns ó redor, a cebola, o porro e o chourizo no medio, e co prebe regamos todo no seu conxunto.

Curiosidade

Para os profános na miticultura tedes que saber que os primeiros intentos de cultivar mexillóns en Galicia non se producen ata principios do século XX, cando se comprobou que os mexillóns que se fixaban nos paus empregados para secar as redes medraban máis e máis pronto que aqueles que crecían nas rochas. Esta observación levou á instalación de empalizadas próximas á beira do mar, cravadas na area, para que se fixase naturalmente a semente de mexillón. Este sistema importado dende Francia deu paso á utilización dunhas boias das que se colgaban as cordas, logo a caixóns, despois barcos vellos que non servían para a pesca, e por último os artefactos flotantes construídos especificamente con este fin, as actuais bateas.

Enlace a Receitas en .pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s