A madrugar, que estamos de vendima!

Outro ano máis aquí estamos vendimando como posesos, e é que hai que recoller as uviñas para poder facer ese Ribeiro tan senlleiro, que vos gusta tanto a todos! Cunha saúde estupenda dos racimos e unha climatoloxía tan boa… que máis podemos pedir?!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Comezamos recollendo as uvas de treixadura, pois son as que mellor maduración acadaron e as que temos que tratar con máis agarimo para elaborar con elas a edición limitada de Porta da Raíña. Logo seguimos recolectando as uvas de Godello e Albariño, que certamente atopánse nun estado de acidez e azúcres moi adecuado, grazas ao que contamos con que o Senlleiro 2014 sexa moi equilibrado.

E rematamos a vendima un ano máis vendimando o tinto! Mencías, Brancellao e os últimos en chegar as nosas viñas, Sousón e Caíño, todos coa lixeira sobremaduración que todos os anos agardamos para conferirlle eses aromas de regaliz ao noso viño Rechamante, un tinto das montañas do Ribeiro!