Ourense vive a maxia suprema do Entroido

Das festas do ano, quizais o Entroido sexa a que máis entusiasmo desperta e a que ten raices máis lonxanas. Porque desde hai milleiros de anos o noso pobo, e todos os que con el tiveron relación, aprecian a necesidade de vivir por uns días unha inversión de valores, de trastocar papeis, de “tolear” colectivamente rachando moldes e xeitos de vivir.

“O Entroido, no mundo físico, ven reflectir o remate do inverno e o comezonda primavera, o retorno da vida, nos campos e na conciencia das xentes. É tamén o remate dun tempo de abundancia, de excesos, para acceder ao tempo de expiación previo ás festividades da Pascua. Pero sobre todo é o tempo en que cada quen sente a necesidade de invertir o papel que lle tocou vivir, a muller viste de home e o home de muller; os pobres séntense ricos, e os ricos visten de farrapos; as máscaras cobran papel de autoridades e os non disfrazados poden ser obxecto das bromas máis crueis.

O entroido ten unha maxia que todos os pobos sentiron desde a máis remota antigüidade: a do placer do prohibido, a do anonimato, o rompemento de normas, a anarquía total durante un tempo breve para logo volver ásobriedade, a monotonía, a estructurada sociedade de todo o ano.”

Xulio Xiz

A dieta atlántica, unha opción moi saudable

A tradición, a historia e a riqueza gastronómica autóctona das rexións europeas bañadas polo Atlántico derivaron nesta dieta tan propia de Galicia. O concepto de dieta atlántica non engloba só un tipo de dieta no sentido estrito da inxesta de nutrintes, senón unha forma de alimentación común caracterizada polo pracer da comida compartida e as preparacións culinarias sinxelas, con grandes beneficios para a nosa saúde.

A dieta atlántica caracterízase polo abundante consumo de peixe e de alimentos vexetais como cereais, patacas e legumes.

A dieta atlántica caracterízase polo abundante consumo de peixe e de alimentos vexetais como cereais, patacas e legumes.

Galicia é unha das principais embaixadoras da dieta atlántica. As rexións do Arco Atlántico, aínda que poden presentar modelos alimentarios distintos, teñen en común dispoñer dunha amplia variedade de alimentos de gran calidade tanto da horta como do mar. A súa tradición e cultura gastronómicas derivaron nun padrón de alimentación similar ao da dieta mediterránea pero cunha serie de particularidades autóctonas. Sabes cales son as súas características?

– Abundancia de alimentos de tempada, locais, frescos e pouco procesados.

– Abundancia de alimentos procedentes de vexetais: verduras e hortalizas, froitas, cereais , patacas, castañas, noces e leguminosas.

– Abundante consumo de peixe e marisco frescos, conxelados ou en conserva.

– Consumo de leite e derivados lácteos, en especial queixos.

– Consumo de carne de porco, vacún, caza e aves.

– Consumo de viño, normalmente coas comidas, sempre en cantidades moderadas.

– Uso de aceite de oliva para aliñado e cociñado.

– Preparación culinaria preferente: cocción, guisado e brasa.

Máis info: Fundación Dieta Atlántica