Novo formato para A Despensa no seu 1º Aniversario!

Renovarse ou morrer, como dí o refraneiro!

En poucos días fará un ano da publicación do noso primeiro artigo titulado Colaboramos na gravación do “Disco díscolo de Os da Ría” donde presentabamos unha tremenda iniciativa cultural do grupo Os da Ría basada no crowdfunding, e xusto un chisquiño despois tivemos a honra de sair nun medio tan senlleiro como Praza Pública donde escribían acerca deste blog un artigo titulado Redes sociais: A saída da crise para as pemes.

64 artigos despois xurdiunos a idea (nesta nosa mente inqueda jeje) de facerlle un remozado ó formato do blog, dándolle algo máis de dinamismo e outorgándolle máis protagonismo ás imaxes, que din que valen máis que mil palabras! A ver se pensades o mesmo… jeje. Agardamos que vos guste o cambio!

Ántes                                                                     Despois

Visitas por países en A Despensa

Hoxe fedellando nas estatísticas do blog poidemos mirar os recunchos do planeta donde nos líades! E teño que decirvos que enchenos de orgullo saber que este pequeniño lugar donde imos almacenando artigos que cremos que poden ser do voso interese chegue a unha lista tan ampla de países!! Que emoción…

visitas mundiais na despensaMoitas grazas amig@s!! agardamos siguades léndonos. Saúde 😉

Os tres mellores no ranking da Despensa

O vindeiro lúns día 1 de abril cumprimos 7 meses compartindo contidos con vós grazas a creación deste pequeno recuncho ó que bautizamos (en WordPress jeje) co nome de A Despensa, e para celebralo, hoxe deixámosvos un resumo dos tres artigos máis vistos dende o 1 de setembro do ano pasado, día no que comezamos a publicar cousiñas por aquí! Pois o dito, aí vai o noso ranking, composto por 3 artigos, os cales xuntos suman o 16,5% das visitas totais do noso blog:

Entrevista máis Senlleira1º. Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg, do día 16 de xaneiro foi o artigo máis lido cun 7,2% das visitas. Nel publicabamos unha entrevista no programa A Revista, guiado por Lorena Pose, ós nosos amigos de Os da Ría. Unha entrevista moi trangalleira e que deu moito que falar, á vista está vendo o interese que lle prestastedes á publicación da mesma neste mesmo lugar.

 

felicitacion senlleira nadal2º. A felicitación máis Senlleira do Nadal, do día 21 de decembro atópase na segunda praza deste ranking cun 5,2% de visitas. De novo un video e de novo Os da Ría, pero desta volta grabando aquí mesmo na adega unha felicitación de nadal moi orixinal e como non, harmonizada coa súa sensacional música.

 

 

pack senlleiro3º. Participa no Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!, duns días despois do anterior, do 28 de decembro (e non era ningunha broma eh!) e co 4,1% das visitas totais do blog a día de hoxe. Nel sorteabamos un pack “composto de tres botellas (non unha, nin dúas… tres!) do viño branco máis Senlleiro super edición especial e do grandísimo e inigüalable Disco Díscolo de Os da Ría.” Foi todo un éxito e tivemos de gañadora do mesmo a unha gran amiga nosa veciña da comarca do Carballiño.

Visitadeas de novo aproveitando estes días de lecer! e antes de nada, un millón de grazas por acompañarnos, por lernos e por seguirnos semanalmente, sen vós todo isto non tería sentido 😉