Xa temos gañadora no Gran Sorteo deste Nadal!

Xa podedes consultar os resultados na páxina oficial do Sorteo Extraordinario de El Niño!

Posto que acaba de sair agraciado co primeiro premio o número 30875, e ningún dos nosos lectores nos seus comentarios acertou con esa terminación, en primeiro lugar íamos dar o premio a quen acertara tan só a última cifra, ousexa o 5, pero atopámonos co problema engadido que tiñamos varias persoas (Antonio de Melo e  Esteban Suárez) que, malia engadir números diferentes nos seus comentarios, sí coincidían nesa terminación. Entón, para non ter que facer divisións salomónicas (e máis que nada porque o cd se o rachamos ó medio non acabaría moi ben parado…jeje) optamos polo seguinte:

Conceder o premio ao número que máis se achega ó agraciado, o que convirte A Pati, co seu número 73 na gañadora oficial do Gran Sorteo máis Senlleiro deste Nadal!

En vindeiros intres porémonos en contacto contigo para concretarmos a entrega do Super Senlleiro Pack!

Super Senlleiro PackNoraboa!!

Participa no Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!

Gústanos que participedes nas nosas iniciativas! Proba delo é a enquisa que publicamos nesta semana na que vos convidávamos a escoller o tema do seguinte artigo deste blog (xa está pechada a votación). E a mostra de que nos gusta que interactuedes con nós é a organización do:

Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!

Super Senlleiro PackQueremos premiar a un dos lectores deste humilde blog co auténtico e inimitable pack de Adega María do Pilar e Os da Ría, composto de tres botellas (non unha, nin dúas… tres!) do viño branco máis Senlleiro super edición especial e do grandísimo e inigüalable Disco Díscolo de Os da Ría.

De que maneira funciona o Gran Sorteo?

Pois moi sinxelo, case coma unha porra, só tes que deixar publicado un comentario neste mesmo artigo do blog escollendo un número do 00 ó 99 (un só número por persoa/comentario) e aquel que coincida coa terminación do primeiro premio do Sorteo Extraordinario do Neno que se celebra o día 6 de xaneiro de 2013 será o que se leve o pack!!

A que agardas para participar? Tes unha opción entre cen de ser o gañador! Non o duvides e comenta xá este artigo, ah! e non te olvides de cubrir o teu nome e o teu mail para poder comunicarche a maneira de recolleres o teu premio!

Sorte!!