Pasado

avós e naiAdega María do Pilar é unha adega de colleiteiro situada en Casardeita, unha pequena aldea encravada na zona alta do concello de Castrelo de Miño, corazón da Denominación de Orixe Ribeiro. Un encantador lugar donde está arraigada a adega, as viñas e a nosa familia dende fai moitas xeracións.

Fundada en 1959 polo noso antepasado Manuel Vázquez López “O Deputado” logo de voltar de Vigo coa súa dona e súa filla, deixando atrás unha casa de comidas que rexentaba no Barrio da Pedra. Manuel apostaba así polo rexurdir de algo no que cría con firmeza, O Ribeiro.

A seguinte xeración decidimos continuar o traballo que el comezara e así recentemente en 2003, a súa filla, María do Pilar, remodela a adega dotándoa de toda a tecnoloxía necesaria para elaborar uns viños que estiveran á altura do que hoxe o consumidor esixía.

Dende os nosos comenzos cremos na calidade das variedades autóctonas e no coidado tradicional das viñas, por iso traballamos diariamente as nosas fincas coa única intención de ofrecerlles moito máis que un viño, elaborando con agarimo estes Ribeiros exquisitos.

Desfruten con nós de sensacións novas!

Advertisements