Exito na II edición do Ribeiro Blues!

Foi un verdadeiro gusto poder participar de novo nesta segunda edición do Ribeiro Blues Wine Festival. Unha oportunidade maravillosa para desfrutar da boa música, o viño tan senlleiro desta comarca, e como non, do fermoso entorno do Náutico de Castrelo.

This slideshow requires JavaScript.

Ademáis das imaxes tamén queremos compartir con vós o incrible video que fixeron as mozas de A&B comunicación.

Ata o ano que vén! 😉

Advertisements

A túa creatividade ten premio!

Este ano queremos premiar a túa creatividade. E para iso deseñamos unhas etiquetas diferentes para o noso viño de treixadura, nas que podes dar renda solta á túa imaxinación.

Como xa sabes, este venres e sábado é o RibeiroBlues Wine Festival. Dous días para escoitar a mellor música e beber viños senlleiros no entorno do Nautico de Castrelo. E como non, para pintar!

image

Debuxar nas etiquetas ten premio!

– E estaraste a preguntar, que teño que facer?
Pois moi sinxelo. Nós deixamosche uns rotuladores de cores para que firmes, debuxes, taches, fagas dedicatorias ou o que che dea a gana.

-E cal é o premio?
Por estricta orde, os 10 primeiros terán un paseo nocturno en catamarán + un par de botellas de viño.

Aproveitade e andade agudos, que isto só vai pasar o venres 7!!! 😉