Son días tristes e amargos… Falece dona Pilar. D.E.P.

Hoxe, día 22 de xullo de 2014, recibimos a máis dura das noticias: o falecemento da nosa nai, avoa, sogra… e fundadora desta adega, Pilar Pérez Garrido. Quedámonos sen palabras, sentindo que nos foi roubada de entre as nosas mans… Estarás sempre no noso recordo. Descansa en paz…

DEP Pilar

Facendo memoria do noso 50 aniversario

Van xa catro anos que celebramos o 50 aniversario dende que a Adega dera os seus primeiros pasos… como corre o tempo! Hoxe facemos xunto con vós memoria daqueles días de celebración na Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia, e facémolo grazas a poder contar con este blog, o noso pequeno recuncho no Twitter e outro tanto do mesmo en Google+.

Que bos recordos ó ver estas imaxes!! 😉