Shanna Waterstown presenta o RibeiroBlues Wine Festival ’15

Bo día festivaleiros! Tras a boa acollida do primeiro RibeiroBlues Wine Festival, toca confirmar unha segunda edición o vindeiro 7 e 8 de agosto!

image

Ribeiroblues Wine Festival

O vindeiro venres 17 de xullo ás 11:00 horas, na Deputación de Ourense, presentamos unha das artistas participantes do festival: Shanna Waterstown!

Fonte: Nautico de Castrelo

Volve a Festa da Rosquilla das Bouzas!

Hoxe celebramos os 100 primeiros artigos deste blog! E dende a Adega queremos facelo acompañados dos nosos amigos e veciños da aldea das Bouzas que este fin de semana celebran a XII Festa da Rosquilla. Verdade que é a maneira máis doce e alegre de festexar calquer cousa?! 🙂

Programación da Festa de San Antón

O sábado día 26 iníciase ás 11.00 horas con pasarúas a cargo da charanga Sorcha de Ribadavia, que amenizará a sesión vermú e acompañará ás 12.30 a procesión e misa solemne.

Xa pola noite, ás 21.00 horas, haberá cea popular con “Fabas e Lacón cocido”, e degustación de rosquillas das Bouzas. A noite estará amenizada pola orquesta Elite, e a charanga Sorcha. Tamén actuará o grupo de rap 96ers.

O domingo 27 haberá procesión e misa solemne ás 13.00 horas, e sesión vermú ás 14.00 e VIII Comida do Pobo, amenizada polo Trío Musical Eilat.

Inícianse os preparativos da 51 Feira do Viño do Ribeiro

Está aberto o prazo para inscribirse na Feira do Viño do Ribeiro deste ano ata o 5 de marzo, que alcanzará a 51 edición. Organizadores, adegueiros e colleiteiros xa celebraron unha primeira reunión de aproximación a este certame feiral, que pretende ser este ano referente das actividades enogastronómicas e da cultura do viño.

A 51 edición da Feira do Viño do Ribeiro, incidirá no apoio e implicación do sector vitivinícola da bisbarra, coa pretensión de que o certame feiral se consolide máis como referente de actividades enogastronómicas e da cultura do viño. Os adegueiros, pola súa banda, insisten en que é preciso reforzar a Feira con máis actividade paralela, de modo que, ao tempo que dinamice o certame durante os días que dura, atraia a máis público a Ribadavia.

Son dúas das conclusións obtidas na primeira reunión que os organizadores do certame feiral, co Concello de Ribadavia e o Conselo Regulador da D.O. á cabeza, celebraron para ir preparando esta nova edición. As datas deste 2014 serán as dos días 2, 3 e 4 do mes de maio, sen cambio de situación: o recinto da Alameda da capital do Ribeiro.

No transcurso desta primeira reunión, os organizadores xa avanzaron algunhas das actividades coas que contará esta nova edición, o que trasladaron xa a adegas e colleiteiros da bisbarra, así como algunhas que outras novidades.

Xa quedou aberto o prazo de inscrición para participar nesta nova edición feiral ata o próximo día 5 de marzo no Concello de Ribadavia. Así como tamén xa están publicadas as Bases para o Concurso de Carteis da 51ª Feira do Viño do Ribeiro 2014 que podedes consultar aquí: info@ribeiro.es

Descargas: Ribeiro.es
Fonte: Ribeiro Dixital