101 razóns para que veñas á Feira do Viño!

Parecía que non daba chegado o día… e xa estamos na LI Feira do Viño do Ribeiro! Ás sete da tarde inaugura esta edición como pregoeiro Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e logo, a desfrutar do viño máis cantareiro e bailadeiro de Galicia en toda a súa plenitude!

Dámosche 101 razóns para non perder esta festa:

Tés que vir para coñecer ao Cociñeiro do Ano, para visitar o Castelo dos Sarmiento, para mercar dulces na Tafona da Herminia, por pasear polo Barrio Xudeu, por tomar café na Praza Maior, para ir ata as termas de Prexigueiro, para bañarte no Avia, para comer polbo con pan de Cea, para ver “Graffiti en vivo”, para ver a maxia do Mago Teto!, para ir en tren polos viñedos, para estar ao fresco na Alameda, para comer rosquillas das Bouzas, para ir ao Mercado, para bailar e cantar nos concertos, para coñecer a Rectoral de Santo André, para ver ximnasia rítmica, para ver aos meniños facendo doces, para atopar parella se tes sorte! jeje, e como non… para beber viño do Ribeiro!!

Quedas convidado! 😉

Inícianse os preparativos da 51 Feira do Viño do Ribeiro

Está aberto o prazo para inscribirse na Feira do Viño do Ribeiro deste ano ata o 5 de marzo, que alcanzará a 51 edición. Organizadores, adegueiros e colleiteiros xa celebraron unha primeira reunión de aproximación a este certame feiral, que pretende ser este ano referente das actividades enogastronómicas e da cultura do viño.

A 51 edición da Feira do Viño do Ribeiro, incidirá no apoio e implicación do sector vitivinícola da bisbarra, coa pretensión de que o certame feiral se consolide máis como referente de actividades enogastronómicas e da cultura do viño. Os adegueiros, pola súa banda, insisten en que é preciso reforzar a Feira con máis actividade paralela, de modo que, ao tempo que dinamice o certame durante os días que dura, atraia a máis público a Ribadavia.

Son dúas das conclusións obtidas na primeira reunión que os organizadores do certame feiral, co Concello de Ribadavia e o Conselo Regulador da D.O. á cabeza, celebraron para ir preparando esta nova edición. As datas deste 2014 serán as dos días 2, 3 e 4 do mes de maio, sen cambio de situación: o recinto da Alameda da capital do Ribeiro.

No transcurso desta primeira reunión, os organizadores xa avanzaron algunhas das actividades coas que contará esta nova edición, o que trasladaron xa a adegas e colleiteiros da bisbarra, así como algunhas que outras novidades.

Xa quedou aberto o prazo de inscrición para participar nesta nova edición feiral ata o próximo día 5 de marzo no Concello de Ribadavia. Así como tamén xa están publicadas as Bases para o Concurso de Carteis da 51ª Feira do Viño do Ribeiro 2014 que podedes consultar aquí: info@ribeiro.es

Descargas: Ribeiro.es
Fonte: Ribeiro Dixital