Samaín: A lenda da cabaza

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

image

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Ao chegar os días escuros do outono celebraban a chegada do ano novo e a súa festa na honra dos defuntos.

No Samaín, un dos seus costumes era poñer unha candea acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.

Xa hai moitos séculos que tal tradición se perdeu, máis hoxe en día aínda fica o costume de tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

Co tempo, o cristianismo designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

Fonte: IES Santa María do Mar

Desexos de felicidade para disfrutar destas Senlleiras festas!

Un ano máis dende Adega María do Pilar queremos desexarche un feliz nadal e un próspero ano novo, e que recibas estas senlleiras datas con toda a saúde do mundo para poderes disfrutar ao cen por cen da boa compañía que ben seguro che ofrecerán familia e amigos.

E que mellor maneira de felicitarte que recordando a colaboración cos rapaces tan trangalleiros e bulideiros de Os da Ría! Estes mozos conseguiron que este 2013 fose un gran ano grazas ao humor e ao empeño que lle poñen a todo o que fan. Esa maneira de facer as cousas ten que ser o camiño que deberiamos seguir para acadar as nosas metas!

Dende o interior do noso corazón envíoche os máis agarimosos desexos de paz e felicidade para que disfrutes destas senlleiras datas! Bo nadal!!

PostalSenlleiro2014-2