Por qué comemos uvas en noitevella?

A prensa de 1907 queixábase de que esta tradición importada pola aristocracia francesa e alemana acabara arraigándose tanto na sociedade e nas clases máis baixas que anos antes comezaran a burlarse dela acudindo comer as uvas á Porta do Sol.

uvanoitevellaPois disque todo comezou alá polo 1882 cando o alcalde de Madrid prohibiu sair a noite de Reis, unha noite de festa donde se permitía case de todo, impoñendo unha multa de cinco pesetas a quen o fixera.

Naquel tempo a burguesía adoptara o costume galo de celebrar a cea de Noitevella comendo uvas e bebendo champaña, entón, o pobo madrileño a modo de queixa acudiu á Porta do Sol para tomar as uvas ao son das badaladas ríndose así daquel costume tan “chic” das clases acomodadas.

Anos despois, en 1909, os agricultores levantinos de Alicante tiveron moi boas colleitas e adicaron o excedente de uva a promocionar e popularizar o costume, convertendoo na tradición que chega hoxe ata nós!

Así que xa sabedes porqué comemos as uvas de Alicante e porqué brindamos con viños espumosos, pero por iso non deixedes de facelo! que tradición ou non, é ben bonito cear cos teus seres queridos e recibir o ano novo con bicos, abrazos e un brindis! Saúde 😉

SENLLEIRO2014

Cociñando con viño: Arroz ó Ribeiro

ARROZ Ó RIBEIRO

Ingredientes:
2 vasos de arroz, 300 gramos de peituga de polo, 1 pemento verde, 2 tomates, 1 cebola, 1 allo, 60 gramos de queixo raiado, 75 cl. de viño tinto do Ribeiro, aceite de oliva, pementa e sal.

Preparación:
Trocea a peituga de polo. Pela os tomates, a cebola e o allo e pícaos. Limpia os pementos e cortaos en trociños. Quenta nunha tixola catro culleradas de aceite de oliva, engade o polo e sofríteo ata que quede douradiño. Sacao e reservao.
Na mesma tixola engade as verduras e sofríteas ata que vexas que a cebola queda coma caramelizada, engade agora o arroz e remexe todo durante un minuto máis ou menos. É momento de botarlle o polo, a sal, a pementa e o queixo.
Por último engade o viño e deixa cocer todo durante 20 minutos aproximadamente.
Recorda que se se che pega o arroz hai un truco moi vello, que consiste en tapar a tixola unha vez que o tes repousando cun pano húmido. Proba e xa verás como se che despega!

Bo proveito! e isto ben merece un brindis… 😉