“Obradoiros de Creatividade Enogastronómica” en Abril e Maio!

Hoxe queremos darlle difusión a uns eventos tan chulos como son os “Obradoiros de Harmonía e Creatividade Enogastronómica” que organiza a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro para os días 23 e 24 de abril e 21 e 22 de Maio nun lugar tan fermoso como o Pazo O Carballo en San Paio, Ribadavia.

Para impartir os obradoiros contaremos coa participación de Angel Ríos Quintela, Xefe de Cociña do Restaurante Pepe Vieira (Estrella Michelín) e Pablo Vidal, Director Técnico do CRDO Ribeiro. Comentarvos tamén nun dos obradoiros contaremos coa colaboración de Nacho Costoya, un dos sumiller máis galardoados de España.

O obxectivo é ofrecer ferramentas para crear pratos sinxelos con produtos de calidade diferenciada de Galicia cun toque de creatividade. Preténdese a participación activa dos asistentes no seu desenvolvemento, os cales, unha vez elaborado cada prato prodecerán á degustalo harmonizandoo con viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Prazo de matrícula:
Do 7 ao 21 abril, para os obradoiros de abril.
Do 7 de abril ao 19 de maio, para os obradoiros de maio.

Máis información e descargas:
Asociación Ruta do Viño do Ribeiro
Tríptico Creatividade Enogastronómica

O Ribeiro convidado da Feira Mercat de Mercats de Barcelona

A Denominación de Orixe Ribeiro viaxa este fin de semana a Barcelona como convidada da Feira Mercat de Mercats. Realizará actividades de introdución aos viños da Denominación dirixidas ó público e tamén catas a profesionais do sector. Trátase da recreación dun auténtico mercado na Praza da Catedral de Barcelona destinado á promoción dos produtos de calidade dos mercados e denominacións de orixe de Cataluña.

O Ribeiro volta por segundo ano consecutivo a este escaparate de productos, no que participarán máis de 70 expositores locais.

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro acudirá ao evento con oito adegas: Adega Sameirás, Coto de Gomariz, Casal de Armán, Cunqueiro, Cuñas Davia, Eloi Lorenzo, Pazo Lalón e Terra do Castelo, que presentarán os seus viños máis destacados nesta iniciativa dirixida ao público catalán.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fonte: La Región