Galicia brila con 37 Soles Repsol, 3 deles para Pepe Solla

A Guía Repsol 2015 concedeu ao restaurante de Pepe Solla, Casa Solla, en Poio (Pontevedra), o seu terceiro Sol Repsol e 25 establecementos galegos máis foron galardoados con este distintivo, dous máis que na edición 2014. Casa Solla convértese, así mesmo, no restaurante máis galardoado en Galicia se temos en conta as Estrelas Michelin que mantén dende o ano 1980, ininterrompidamente.

Casa Solla é o primeiro restaurante galego en conseguir 3 Soles Repsol.

Casa Solla é o primeiro restaurante galego en conseguir 3 Soles Repsol.

Esta edición a prestixiosa publicación outorgou dous Soles Repsol a nove restaurantes galegos. Manteñen a súa puntuación Culler de Pau, D’Berto, Galileo e Pepe Vieira. Únense ó grupo como novidade Acio, Alborada, Maruja Limón, Retiro da Costiña e Yayo Daporta.

16 restaurantes galegos máis foron recoñecidos con un Sol Repsol, que lles confire a distinción de cociña de gran calidade e variedade suficiente. Estes restaurantes son, un ano máis, A Taberna, As Garzas, Casa Bóveda, Casa Marcelo, Dos Reis, El Refugio, España, La Taberna de Rotilio, Nito, Pablo Gallego, Pulpeira de Melide, Silabario e Toñi Vicente. Entran nesta lista por primeira vez A Estación, A Gabeira e Árbore da Veira.

O Grupo Alborada Hostelería, de orixe coruñés e ó que pertence o restaurante Alborada, acada tamén un Sol Repsol no seu novo establecemento en Madrid, Alabaster. Esta etapa de recoñecementos coinciden coa incorporación en abril de Iván Domínguez como director gastronómico…

Lee o resto da noticia en Benbo.eu

Pepe Solla, a visita senlleira desta Feira 2013

O sábado día 4 de maio a iso das 12:30 am. tivemos o pracer de contar coa presenza do chef  Pepe Solla (Casa Solla, unha Estrela Michelín) impartindo a conferencia inaugural das actividades enogastronómicas celebradas no recinto da Feira na Alameda de Ribadavia. Media hora despois deleitounos cun taller de cociña ó que bautizou co nome “A cociña do mar”, un taller moi creativo donde compartiu con todos os presentes os descubrimentos na maridaxe de sabores traídos de todo o mundo e os nosos productos do mar, grazas as súas viaxes, e como estes teñen unha perfecta armonía cos Ribeiros, brancos e tintos, realizados con esmero coas mellores uvas autóctonas da Denominación, e en especial os elaborados polos colleiteiros, que o seu parecer resultan ser pequenas xoias.

Logo pola tarde, e tal e como nos prometera (como el dí “son un home de palabra”) pasouse polo noso stand a visitarnos, tomarse un viño con nós e charlar tranquilamente. Definitivamente queda claro que malia todo o éxito obtido grazas ó seu esforzo, Pepe Solla sigue sendo unha gran persoa cos pés moi ben postos na terra. Temos o orgüio de contar cun parente tan distinguido, toda unha figura Senlleira do mundo da cociña. Parabéns Pepe.