Porta da Raíña 2014, dará moito que falar!

image

A primeira botella do Porta da Raíña'14

Contan os vellos que todo o bo se fai agardar… e nos somos moi tradicionais según para que cousas! Por iso deixamos repousar esta treixadura con moita paciencia e agarimo nas cubas primeiro, e na botella logo, sabedores de que o caldo se fai a fogo lento.

Variedade: Treixadura.

Zona de orixe: Froito da nosa viña de Sequeiros (Casardeita).

Elaboración: Edición limitada froito da selección das mellores uvas de treixadura, vendimado e transportado en caixas preservando a integridade da uva. Leve maceración en prensa, fermentación a temperaturas baixas para manter aromas.

Graduación alcólica: 13% vol.

Gastronomía: Mariscos, peixes azuis, aves de caza.

Temperatura de servizo: 11º C.

A nosa aldea, viaxe ás raíces da Adega

Nunhas paraxes fermosas rodeadas por verdes bosques atópase Casardeita, unha pequena aldea enclavada na zona alta do concello de Castrelo de Miño, corazón da Denominación de Orixe Ribeiro. Casardeita, encantador lugar no que está arraigada a adega, as viñas e nosa familia dende fai moitas xeracións.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Nosos viñedos están ubicados a unha altitude media de 400 m. sobre o nivel do mar, cunha horientación suroeste que garantiza o máximo aproveitamento dos raios solares. Estos terreos, adaptados pola mán do home en bancais e terrazas para o cultivo da vide, están formados por uns solos dunha profundidade media de entre 70 e 100 cm, fundamentalmente de orixe granítico con importante presenza de pedras e gravas que melloran a macroestructura do chan e a insolación dos acios.

Gozamos nesta zona dun ecoclima de transición oceánico-mediterráneo, favorecido polas barreiras naturais e a súa situación meridional en Galicia, que protexen o territorio de borrascas subatlánticas. Este é un peculiar clima, en certa medida húmido e de temperaturas amornadas, que permite que o froito das viñas madure, conservando os seus aromas e a súa acidez.

Máis sobre a Adega en: www.adegamariadopilar.com