Indeciso? Calendario de festas gastronómicas, porque #enGaliciatododepende ;)

Por fin chegou o bo tempo! e con el as ganas de sair a desfrutar da vida cos teus, do solciño nas terrazas, dos atardeceres maravillosos, das feiras e romerías, das festas gastronómicas e desas verbenas que se alongan ata o amencer!! E despois que non somos decididos… en Galicia todo depende!!

#enGaliciatododepende

Festas Gastronómicas do concello de Castrelo de Miño

Festa da Rosquilla – Bouzas- 26,27 de abril

Festa da Sardiña – Parada – 27, 28 de xullo

Festa da Anguía – Barral – 4, 5, 6 de agosto

Festa da Codorniz – Cortiñas – 14, 15, 16 de agosto

Festa do Xarrete – Macendo – 14, 15, 16 de agosto

Vémonos na 15º edición de Xantar!

Xa está outro ano máis con nós unha nova edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo Xantar, que se celebra desta volta dos días 5 ao 9 de febreiro en Expourense. Non dubides en visitar o stand do concello de Castrelo de Miño se queres degustar gratuitamente os nosos viños Rechamante, Senlleiro e Porta da Raíña!

15 EDICION XANTAR

Xa temos os convites!

Obxectivos
O principal obxectivo de Xantar é defender a cultura da calidade na gastronomía e posicionala como un dos reclamos turísticos máis importantes. Por elo, tamén teñen o seu espazo neste salón outros destinos de España e Portugal que queiran promocionar a súa gastronomía como motivación decisiva á hora de atraer visitantes, co obxectivo de compartir experiencias.

País convidado
O salón conta coa figura do país convidado, que este ano é Cuba. Unha iniciativa que ten moi boa acollida por parte do público asistente ó salón e unha gran repercusión entre os medios de comunicación.
Francia, México, Portugal, A Arxentina e Perú participaron en edicións pasadas promocionando os seus recursos turísticos e gastronómicos a través de: restauración, stand, degustacións, catas, obradoiros ou folclore.

Xornadas de Viticultura Natural e Biodinámica

O xoves 28 de novembro celébranse no Náutico de  Castrelo de Miño as Xornadas de Viticultura Natural e Biodinámica que xa van pola súa séptima edición, impartidas desta volta por André Rodrigues, enxeñeiro agrónomo e asesor en viticultura e biodinámica.

cartel_xornadas de castrelo 2013Estas séptimas xornadas de formación, organizadas polo concello de Castrelo de Miño e o Sindicato Labrego Galego, teñen como obxectivo amosarnos como utilizar todos os recursos naturais dos que dispomos para cultivar os nosos viñedos de maneira sustentable.

O programa consta de dous temas centrais:
“O chan e todo o que o rodea” cun horario de 10 a 14 horas.
“Biodinámica” para rematar pola tarde, de 15:30 a 19:30 horas.

Prazas limitadas, segundo orde de inscripción.

Para poder anotarse é necesario mandar un correo electrónico cos datos de contacto a bernardoestevezvillar@yahoo.es ou chamando ao número de móvil 649541711.