As Letras Galegas 365 días ao ano!

Para nós, que levamos en activo 55 aniños como colleiteiros no Ribeiro, a denominación de orixe máis senlleira de Galicia, é un pracer celebrar as Letras Galegas cada día con todos vós. E facémolo con gusto, “porque me sae de dentro, alá do fondo” que decía Celso Emilio Ferreiro, usando con normalidade o noso idioma e presumindo del alá por donde vamos! 😉

FamiliaHomenaxeado 2014

Xosé María Díaz Castro

Naceu na parroquia de Os Vilares no 1914 e desde aquela viviu ligado a esta paisaxe e contorno a carón da Serra de Montouto onde vai fenecendo a Terra Cha. Finou en Lugo o 2 de outubro de 1990

Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.

Obra

Díaz Castro publicou os seus primeiros versos “Lembranzas e sospiros” ós dezasete anos en El Progreso Villalbés o 6 de agosto de 1931. Logo saíron “Baix’o o calor”, “Lá vou, amor”,” As formigas”, “Era un contiño de fadas”, e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego, “Follas verdes” en 1934 e “Follas ô aire”. Tamén publicou poemas en “Vallibria”, “Mundo de Ahora” e “Perla del Calvario”. Foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos do 46, polos tres sonetos “Nascida d’un soño”. Con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario “Nimbos”, editado por Galaxia en 1961, que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.

 

Versos e viño: “Teño o corazón senlleiro”

Que mellor maridaxe se pode facer que o da poesía e o viño? Pois para celebrar a entrada da primavera, hoxe na Despensa presentámosche este poema de Celso Emilio Ferreiro titulado “Teño o corazón senlleiro” do libro “Viaxe ao país dos ananos” publicado en 1968.

Senlleiro

TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO

Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Fundación Celso Emilio Ferreiro