Ribadavia e a Festa da Istoria, un fermoso enlace xudeo

Un dos actos centrais do día grande da Festa é a voda xudea, froito dunha detallada investigación desenvolvida polo Centro de Estudos Medievais de Ribadavia e que se celebra todos os anos a iso das dúas da tarde na igrexa da Oliveira baixo un palio nupcial chamado “Jupá”. Non olvidedes asistir vestidos de época para poder desfrutar dela e do seu simbolismo!

Un rabino, que é o oficiante da cerimonia, pronuncia sobre a parella sete bendicións chamadas “Sheva Berajot”, e bébese dunha copa de viño. O noivo toma á noiva por esposa colocándolle no dedo un anel, e a aceptación dese anel por parte da noiva, expresa o consentiminto dela de unirse por esposa a ese home. Después fírmase e léese a “Ketubá”, un contrato matrimonial (no xudaísmo o casamento é visto como un vínculo contratual ordenado por Deus), que ten sido parte integrante dos casamentos dende aproximadamente dous milenios.  Despois da unión dos dous noivos, o rabino procede á lectura dun texto en hebreo de gran carga simbólica, o primeiro capítulo do libro do Xénese, a Creación do Mundo. Como punto final da cerimonia o noivo rompe cos pés unha copa de viño, amosando a súa ledicia polo casamento.

Descargas: Programa Festa Istoria 2013

Cerimonia de clausura do 17OUFF con Os da Ría

Este sábado 10 de novembro ás 21 horas poderemos desfrutar da cerimonia de clausura do 17 Festival de Cine de Ourense da man do grupo Os da Ría. Nesta mesma cerimonia proxectaráse o filme “12+1 unha comedia metafísica” de Chiqui Carabante.

Velaí a programación:

Actividade: Filme de clausura – OUFF 2012- Proxección da longametraxe 12+1, una comedia metafísica

Data: 10 de novembro de 2012 ás 21:00h
Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)
Prezo: 2€.

Prezos: Bono de 5 entradas + catalogo = 15€

Informacion e venda de bonos e entradas Galas:

Oficina do OUFF (Praza Auditorio)

Stand na entrada do centro comercial Ponte Vella

Oficina de Turismo (Rúa Isabel a Catolica Nº 1)

  • Esta programacón podería sufrir modificacións por causas alleas a organización do OUFF
  • Os filmes do OUFF están recomendados para maiores de 16 anos
  • Cualquera modificacións comunicarase coa debida antelación