VII Curso Cata de viños: Ribeiros do Avia e Ribeiros do Miño

O Centro UNED de Ourense organiza os días 10,11,12, 17 e 18 de decembro en Ribadavia un curso de 10 horas de Cata de Viños: Ribeiros do Avia – Ribeiros do Miño, en horario de 19,00 a 21,00 horas. Será impartido por Xosé Manuel Martínez Juste, presidente da Asociación Galega de Enólogos e o seu prezo será de 35 euros por participante, cun máximo de 25 prazas.

Trátase da séptima edición deste curso, que se impartirá nas instalacións do Club Artístico de Ribadavia. Os responsables da UNED sinalan como obxectivos ‘aprender de viños, a técnica de cata coas súas diferentes fases: visual, olfativa e gustativa; como se fai o viño; tipos e maridaxes’. O curso de iniciación á cata está orientado a aprendizaxe dos principios básicos da mesma para entender de viños de forma práctica e entretida.

vii curso de cataPrograma:
– Martes 10 de decembro
O Ribeiro no contexto histórico. Chan, climatoloxía e variedades.
– Mércores 11 de decembro
Características dos viños da ribeira do Miño.
– Xoves 12 de decembro
Características dos viños da ribeira do Avia.
– Martes 17 de decembro
Cata comparativa das duas subzonas
– Mércores 18 de decembro
Visita e cata de vinos en adegas das duas subzonas.

Ántes de proceder á matrícula, consulta no teléfono 988-371444 a dispoñibilidade das 25 prazas ofrecidas.
Descarga o Pdf: Curso Cata de Viños: Ribeiros do Avia e Ribeiros do Miño

A nosa aldea, viaxe ás raíces da Adega

Nunhas paraxes fermosas rodeadas por verdes bosques atópase Casardeita, unha pequena aldea enclavada na zona alta do concello de Castrelo de Miño, corazón da Denominación de Orixe Ribeiro. Casardeita, encantador lugar no que está arraigada a adega, as viñas e nosa familia dende fai moitas xeracións.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Nosos viñedos están ubicados a unha altitude media de 400 m. sobre o nivel do mar, cunha horientación suroeste que garantiza o máximo aproveitamento dos raios solares. Estos terreos, adaptados pola mán do home en bancais e terrazas para o cultivo da vide, están formados por uns solos dunha profundidade media de entre 70 e 100 cm, fundamentalmente de orixe granítico con importante presenza de pedras e gravas que melloran a macroestructura do chan e a insolación dos acios.

Gozamos nesta zona dun ecoclima de transición oceánico-mediterráneo, favorecido polas barreiras naturais e a súa situación meridional en Galicia, que protexen o territorio de borrascas subatlánticas. Este é un peculiar clima, en certa medida húmido e de temperaturas amornadas, que permite que o froito das viñas madure, conservando os seus aromas e a súa acidez.

Máis sobre a Adega en: www.adegamariadopilar.com

Planeando o comezo da vendima!

Andamos mergullados en días de preparativos na adega lavando cubas, prensa, mangueiras e demáis aparellos, e de preparativos tamén na viña, quitando follas de diante das uvas para recoller con máis facilidade o froito e agardando que chovera, como así ocorreu, para que os racimos se hidrataran logo dun verán bastante seco.

E como non se pode un olvidar da climatoloxía, agora é hora de botar man das novas tecnoloxías para consultar a predicción do tempo, non vaia ser que nos mollemos coma pitos! jeje.

(Consultando as prediccións para Castrelo nas App’s de Android: Meteoradar e Eltiempo.es)