Xa chegou o tempo da vendima!

Da gusto comezar a recoller a uva con este clima tan marabilloso que nos acompaña dende o día de San Froilán, non se trabucaban as prediccións do tempo que tanto consultavamos nestes días pasados! Éche ben certo, na viña como en todo, hai que saber agardar o momento preciso para cada cousa, non vos parece?

Nestas diapositivas podedes observar como vai o proceso, paso a paso, destes brancos colleita 2013 que comezamos a elaborar.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Mira o albúm “Vendima 2013” tamén en Google+

Como vedes nesta semana a adega atópase mergullada de cheo na vendima, nestes primeiros días colleitando as uvas brancas de treixadura e albariño, para logo seguir co godello e rematar en vindeiras datas apañando as tintas mencía, brancellao e sousón. A ver se aguanta o bo tempo! jeje 😉

Estamos de vendima!

Perdoade a tardanza, é que estabamos de vendima!!

Logo de traballar todo o ano, de coidar e mimar as cepiñas para que nos dean unha colleita excelente, por fin podemos recoller o froito do noso esforzo.

Esta colleita presentase cuns bos parámetros de acidez e grao pero iso sí, cunha merma importante na producción con respecto ao ano pasado.

Velaí tedes algunhas imaxes:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Álbum Vendimia 2012