Unha copa de viño ó día pode alonxarte de sufrir depresión!

Un estudo realizado por investigadores españois da Universidade de Navarra e publicado na revista BMC Medicine, indica que o consumo de cantidades moderadas de viño por semana, non só pode protexer o corazón, senón que tamén é beneficioso para a nosa saúde mental.

1copadeviñoDurante sete anos foron analizadas máis de 5.500 mulleres e homes con idades comprendidas entre 55 e 80 anos, sen historial de depresión ou problemas de alcol, en relación ós aspectos de nutrición e risco cardiovascular, pois nun comezo o estudo Predimed estaba enfocado a medir o efecto protector da dieta mediterránea fronte as enfermidades cardiovasculares.  No período do estudo, 443 persoas sufriron depresión.

Entón, os resultados amosaron que, entre 2 e 7 vasos de viño por semana podían reducir a depresión. Concretamente, aqueles que beberan cantidades moderadas de alcol, entre 5 e 15 g por día (de media un vaso de viño contén 9 gramos de alcol) tiñan menos probabilidades de sufrir unha depresión do que as persoas que non bebían ningún. 

Por outra banda, os datos tamén amosaban que o consumo de viño superior ás sete copas por semana, podía aumentar o risco de depresión.

Aínda que as razóns exactas polas que beber cantidades moderadas de alcohol poden ter efectos beneficiosos no cerebro non son claras, os autores propoñen que, posiblemente algún composto que se atopa nas uvas pode axudar a protexer as áreas cerebrais dos procesos inflamatorios implicados na depresión.

Fontes: Salud Hoy, Emilio de Benito, BMC Medicine

Ribadavia e a Festa da Istoria, un fermoso enlace xudeo

Un dos actos centrais do día grande da Festa é a voda xudea, froito dunha detallada investigación desenvolvida polo Centro de Estudos Medievais de Ribadavia e que se celebra todos os anos a iso das dúas da tarde na igrexa da Oliveira baixo un palio nupcial chamado “Jupá”. Non olvidedes asistir vestidos de época para poder desfrutar dela e do seu simbolismo!

Un rabino, que é o oficiante da cerimonia, pronuncia sobre a parella sete bendicións chamadas “Sheva Berajot”, e bébese dunha copa de viño. O noivo toma á noiva por esposa colocándolle no dedo un anel, e a aceptación dese anel por parte da noiva, expresa o consentiminto dela de unirse por esposa a ese home. Después fírmase e léese a “Ketubá”, un contrato matrimonial (no xudaísmo o casamento é visto como un vínculo contratual ordenado por Deus), que ten sido parte integrante dos casamentos dende aproximadamente dous milenios.  Despois da unión dos dous noivos, o rabino procede á lectura dun texto en hebreo de gran carga simbólica, o primeiro capítulo do libro do Xénese, a Creación do Mundo. Como punto final da cerimonia o noivo rompe cos pés unha copa de viño, amosando a súa ledicia polo casamento.

Descargas: Programa Festa Istoria 2013