La Voz? no no! As voces de Os da Ría en “Íntimos”

O Café Cultural Auriense e Os da Ría organizan para a noite deste venres 27 de setembro, o concerto máis trangalleiro, dende o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia da vida social, cultural e política do país, nun espectáculo ao que o público nunca é indiferente. Será ás 21.30 horas no senlleiro café situado na Praza do Correxidor.

osdaria+intimos+aurienseE quen mellor para presentarvos o concerto que Tomás Lijó e Carlos Meixide!:

Sempre é un góstele grandeiro volvedelar as terras de as Búrgolas, e é en aisí que enquereimos compartilladelar con o noso púbrico ourensán unha xonrada úñeca, íntima e sobranceira, para que coaseque nos podaimos tocadelar, bicadelar e nos funtarmonosnos cremita. Este vénroles, edeseguro que vai ser ben gorencioso, non falteindes!”

E agora, con toda esta información… aínda non mercastedes a entrada?

Reservas: Café Cultural Auriense

Alacena da Aldea, un ultramarinos contemporáneo no centro de Avión

Coa chegada do mes de maio recibimos a boa noticia da apertura dun novo comercio local no Ribeiro.

IMG_9953Moito máis que unha tenda de alimentación, Alacena da Aldea é un ultramarinos contemporáneo donde podes atopar froitas e verduras frescas, marmeladas ecolóxicas, todos os productos necesarios no día a día, comida mexicana (como non podía faltar por estes lares!), xabóns e productos naturais de Naturavia, e unha boa variedade de viños e licores das Denominacións de Orixe galegas, en especial do Ribeiro e entre eles os nosos viños, xunto co “Pack Senlleiro super edición especial de Os da Ría, que amplía deste xeito a lista de lugares donde poder mercalo!

Dende este blog queremos amosar todo o noso apoio a esta iniciativa de dúas mozas tan senlleiras e bulideiras como son Ana e Almudena, e convidámosvos a visitalas lembrándovos que xunto coa vosa compra entraredes nun sorteo o día 4 de xuño dun circuito termal nas Termas de Prexigueiro! Necesitas máis razóns para ir a Alacena da Aldea?

This slideshow requires JavaScript.

Os tres mellores no ranking da Despensa

O vindeiro lúns día 1 de abril cumprimos 7 meses compartindo contidos con vós grazas a creación deste pequeno recuncho ó que bautizamos (en WordPress jeje) co nome de A Despensa, e para celebralo, hoxe deixámosvos un resumo dos tres artigos máis vistos dende o 1 de setembro do ano pasado, día no que comezamos a publicar cousiñas por aquí! Pois o dito, aí vai o noso ranking, composto por 3 artigos, os cales xuntos suman o 16,5% das visitas totais do noso blog:

Entrevista máis Senlleira1º. Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg, do día 16 de xaneiro foi o artigo máis lido cun 7,2% das visitas. Nel publicabamos unha entrevista no programa A Revista, guiado por Lorena Pose, ós nosos amigos de Os da Ría. Unha entrevista moi trangalleira e que deu moito que falar, á vista está vendo o interese que lle prestastedes á publicación da mesma neste mesmo lugar.

 

felicitacion senlleira nadal2º. A felicitación máis Senlleira do Nadal, do día 21 de decembro atópase na segunda praza deste ranking cun 5,2% de visitas. De novo un video e de novo Os da Ría, pero desta volta grabando aquí mesmo na adega unha felicitación de nadal moi orixinal e como non, harmonizada coa súa sensacional música.

 

 

pack senlleiro3º. Participa no Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!, duns días despois do anterior, do 28 de decembro (e non era ningunha broma eh!) e co 4,1% das visitas totais do blog a día de hoxe. Nel sorteabamos un pack “composto de tres botellas (non unha, nin dúas… tres!) do viño branco máis Senlleiro super edición especial e do grandísimo e inigüalable Disco Díscolo de Os da Ría.” Foi todo un éxito e tivemos de gañadora do mesmo a unha gran amiga nosa veciña da comarca do Carballiño.

Visitadeas de novo aproveitando estes días de lecer! e antes de nada, un millón de grazas por acompañarnos, por lernos e por seguirnos semanalmente, sen vós todo isto non tería sentido 😉