101 razóns para que veñas á Feira do Viño!

Parecía que non daba chegado o día… e xa estamos na LI Feira do Viño do Ribeiro! Ás sete da tarde inaugura esta edición como pregoeiro Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e logo, a desfrutar do viño máis cantareiro e bailadeiro de Galicia en toda a súa plenitude!

Dámosche 101 razóns para non perder esta festa:

Tés que vir para coñecer ao Cociñeiro do Ano, para visitar o Castelo dos Sarmiento, para mercar dulces na Tafona da Herminia, por pasear polo Barrio Xudeu, por tomar café na Praza Maior, para ir ata as termas de Prexigueiro, para bañarte no Avia, para comer polbo con pan de Cea, para ver “Graffiti en vivo”, para ver a maxia do Mago Teto!, para ir en tren polos viñedos, para estar ao fresco na Alameda, para comer rosquillas das Bouzas, para ir ao Mercado, para bailar e cantar nos concertos, para coñecer a Rectoral de Santo André, para ver ximnasia rítmica, para ver aos meniños facendo doces, para atopar parella se tes sorte! jeje, e como non… para beber viño do Ribeiro!!

Quedas convidado! 😉

“Obradoiros de Creatividade Enogastronómica” en Abril e Maio!

Hoxe queremos darlle difusión a uns eventos tan chulos como son os “Obradoiros de Harmonía e Creatividade Enogastronómica” que organiza a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro para os días 23 e 24 de abril e 21 e 22 de Maio nun lugar tan fermoso como o Pazo O Carballo en San Paio, Ribadavia.

Para impartir os obradoiros contaremos coa participación de Angel Ríos Quintela, Xefe de Cociña do Restaurante Pepe Vieira (Estrella Michelín) e Pablo Vidal, Director Técnico do CRDO Ribeiro. Comentarvos tamén nun dos obradoiros contaremos coa colaboración de Nacho Costoya, un dos sumiller máis galardoados de España.

O obxectivo é ofrecer ferramentas para crear pratos sinxelos con produtos de calidade diferenciada de Galicia cun toque de creatividade. Preténdese a participación activa dos asistentes no seu desenvolvemento, os cales, unha vez elaborado cada prato prodecerán á degustalo harmonizandoo con viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Prazo de matrícula:
Do 7 ao 21 abril, para os obradoiros de abril.
Do 7 de abril ao 19 de maio, para os obradoiros de maio.

Máis información e descargas:
Asociación Ruta do Viño do Ribeiro
Tríptico Creatividade Enogastronómica

Nace BenBo, unha nova plataforma de comunicación enogastronómica atlántica.

BenBo é un medio de comunicación de Gastronomía Atlántica Feita IN Galicia.

subscribeteBenboAs principais accións de BenBo son por unha banda, unha ferramenta web (www.benbo.eu), donde a través do seu blog, a comunidade ou con seccións como Axenda, Actualidade ou Protagonistas tentarán mantervos informados a diario sobre todo o que acontece no mundo da enogastronomía. E por otra banda, a revista BenBo, unha revista cuatrimestral impresa baixo demanda, de coidada estética e rigurosos contidos. Unha publicación contemporánea da realidade gastronómica galega, que fala de cociña, de cociñeiros  e de productos cunha visión de vanguarda e rigurosidade, que quere convertirse nunha referencia para profesionais e gourmets, mantendo unha visión propia pero mirando ao mundo.

dieta-atlantica

BenBo quere ser algo máis que unha publicación gastronómica:  Un novo medio que poña en valor o producto e os cociñeiros/as galegos emprazados en Galicia e fora de Galicia, unha nova visión da cociña tradicional e de vangarda, unha nova mirada sobre o producto de calidade, unha visión atlántica do noso patrimonio culinario, un novo modo de enfocar as tendencias gastronómicas galegas e internacionais. Todo isto e moito máis é o que pelexan por ser este grupo de atrevidos amantes de Galicia e da súa gastronomía con distintos perfís profesionais. Xornalistas especializados, fotógrafos, expertos en mercadotecnia e organización de eventos, expertos en redes sociais…

BenBo aspira a ser o medio de expresión de todos, polo que as vosas opinións e colaboracións sempre serán tidas en conta. Se tes algo que dicir sobre Galicia e a súa gastronomía en BenBo desexan escoitarte.