Ourense vive a maxia suprema do Entroido

Das festas do ano, quizais o Entroido sexa a que máis entusiasmo desperta e a que ten raices máis lonxanas. Porque desde hai milleiros de anos o noso pobo, e todos os que con el tiveron relación, aprecian a necesidade de vivir por uns días unha inversión de valores, de trastocar papeis, de “tolear” colectivamente rachando moldes e xeitos de vivir.

“O Entroido, no mundo físico, ven reflectir o remate do inverno e o comezonda primavera, o retorno da vida, nos campos e na conciencia das xentes. É tamén o remate dun tempo de abundancia, de excesos, para acceder ao tempo de expiación previo ás festividades da Pascua. Pero sobre todo é o tempo en que cada quen sente a necesidade de invertir o papel que lle tocou vivir, a muller viste de home e o home de muller; os pobres séntense ricos, e os ricos visten de farrapos; as máscaras cobran papel de autoridades e os non disfrazados poden ser obxecto das bromas máis crueis.

O entroido ten unha maxia que todos os pobos sentiron desde a máis remota antigüidade: a do placer do prohibido, a do anonimato, o rompemento de normas, a anarquía total durante un tempo breve para logo volver ásobriedade, a monotonía, a estructurada sociedade de todo o ano.”

Xulio Xiz

Dende hoxe estamos tamén en Linkedin!

Si amigos, a partir do día de hoxe, martes de entroido, estamos na maior rede profesional do mundo: Linkedin!

Dende Adega María do Pilar sempre estamos a buscar novos lugares dende os que manter o contacto con todos vós, sexa dende este blog da Despensa, a nosa páxina web, Twitter, Google+, Youtube e a partir de hoxe Linkedin, unha gran rede creada en 2002 e que mantén en contacto a millóns de profesionais e empresas de todo o mundo. Alí, como en todos os sitios web nos que estamos presentes, iremos publicando noticias sobre nós, O Ribeiro, gastronomía, cultura e todos os temas de actualidade que cremos que poden interesarche.

Non deixedes de seguirnos! vémonos 😉