As mociñas xeitosas sempre se fixeron agardar!

E así Porta da Raíña, unha edición limitada de treixadura criada nas súas lías, á que valoramos como a nosa pequena xoia, segue descansando tranquila no acubillo que a adega lle ofrece agardando a chegada do seu gran día de presentación na sociedade.

acubillo porta da raiñaDunhas cepas coidadas con agarimo e con rigor, atendendo sempre ó medio que nos rodea e as fases lunares que tanto inflúen nos estados fenolóxicos da vide,  tal e como nos ensinaron os nosos antergos; nace unha uva treixadura con potente acidez, aroma e azúcre que maceramos durante o seu prensado e que logo de fermentar a temperaturas baixas, deixamos criar atentamente xunto cunha chisca das súas propias levaduras ás que hoxe denominamos lías; a isto segueo un período duns meses de repouso na botella donde a forza da xuventude se covirte en complexidade e madurez.

Achégase pois o momento tan agardado de abandoar a adolescencia de cara a idade adulta desta colleita 2012 de Porta da Raíña que verá a luz en breve!

Podedes ir reservando algunha botelliña premendo neste enlace ou contactando coa adega aquí.

Novo formato para A Despensa no seu 1º Aniversario!

Renovarse ou morrer, como dí o refraneiro!

En poucos días fará un ano da publicación do noso primeiro artigo titulado Colaboramos na gravación do “Disco díscolo de Os da Ría” donde presentabamos unha tremenda iniciativa cultural do grupo Os da Ría basada no crowdfunding, e xusto un chisquiño despois tivemos a honra de sair nun medio tan senlleiro como Praza Pública donde escribían acerca deste blog un artigo titulado Redes sociais: A saída da crise para as pemes.

64 artigos despois xurdiunos a idea (nesta nosa mente inqueda jeje) de facerlle un remozado ó formato do blog, dándolle algo máis de dinamismo e outorgándolle máis protagonismo ás imaxes, que din que valen máis que mil palabras! A ver se pensades o mesmo… jeje. Agardamos que vos guste o cambio!

Ántes                                                                     Despois

Calendario de visita ás Adegas do Ribeiro, verán 2013

Dende Adega María do Pilar e grazas á Ruta do Viño do Ribeiro, poñémos á vosa disposición este calendario onde poderás consultar as adegas do Ruta do Viño do Ribeiro que programan visitas para as fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. Nel podes consultar os horarios de Visita, e ademáis na páxina web da Ruta outros moitos datos máis como mapas, teléfonos de contacto, direccións de correo, páxinas web, etc.

Recorda que a nosa adega podes visitala xa estes días 28 e 29 de xullo, cun horario de 12:00 a 18:30 o sábado e mediante reserva o domingo. Se queres máis datos sobre como chegar e facer as reservas consulta pinchando neste texto.

Descargas: Calendario visita Adegas Xullo-Setembro 2013