A “Xira Senlleira” de Os da Ría chega a Pontevedra

Os da Ría regresan a Pontevedra un ano despois de presentar en Culturgal o seu Disco Díscolo (un traballo subvencionado a través dunha campaña de crowdfunding), como punto culminante da súa “Xira Senlleira” por toda a comunidade, donde tamén nos avanzarán algúns temas no seu novo proxecto musical “Non é país para xovens”.

concerto pontevedraNa sala de prensa do Concello de Pontevedra, Carlos Meixide e Tomás Lijó, os dous rapaces que están detrás do grupo humorístico-musical galego Os da Ría, presentaron o concerto que ofrecerán mañá no Teatro Principal e abriron unha botella de viño do Ribeiro exactamente igual á que recibiron os ‘mecenas’ do seu ‘Disco díscolo’, un traballo subvencionado a través dunha campaña de crowdfunding e presentando no Culturgal do ano pasado exactamente así, entre dúas botellas de viño. “É verdade. Presentámolo en Pontevedra. Así que dalgunha maneira co concerto do sábado pechamos un círculo”, comentaron ao tempo que avanzaron que no vindeiro Culturgal, que se celebrará no Recinto Feiral dende o 30 de novembro, servirá para lanzar a campaña de crowdfunding do seu novo álbum. “O primeiro disco galego adicado directamente aos vellos: Non é país para xovens”.

Algún dos temas novos do dúo caerá no concerto do Principal. Puxeron como exemplo Galegos de ben. Aínda que o repertorio, que interpretarán acompañados dos seus músicos habituais e da banda de “ventosidades” Os homes sen medo, estará baseado nos seus “grandes xites: Caramba que guapa estás GaliciaInfanta Elena ou Fernando Ónega”.

Podedes mercar as entradas na páxina de Servinova facendo click aquí: Os da Ría – Xira Senlleira

Fontes: Os da Ría, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra

La Voz? no no! As voces de Os da Ría en “Íntimos”

O Café Cultural Auriense e Os da Ría organizan para a noite deste venres 27 de setembro, o concerto máis trangalleiro, dende o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia da vida social, cultural e política do país, nun espectáculo ao que o público nunca é indiferente. Será ás 21.30 horas no senlleiro café situado na Praza do Correxidor.

osdaria+intimos+aurienseE quen mellor para presentarvos o concerto que Tomás Lijó e Carlos Meixide!:

Sempre é un góstele grandeiro volvedelar as terras de as Búrgolas, e é en aisí que enquereimos compartilladelar con o noso púbrico ourensán unha xonrada úñeca, íntima e sobranceira, para que coaseque nos podaimos tocadelar, bicadelar e nos funtarmonosnos cremita. Este vénroles, edeseguro que vai ser ben gorencioso, non falteindes!”

E agora, con toda esta información… aínda non mercastedes a entrada?

Reservas: Café Cultural Auriense

Gran Concerto Presentación do ‘Disco díscolo’ de Os da Ría

O 14 de decembro, preséntase oficialmente o Dísco Díscolo de Os da Ría na Ramallosa, Teo,  no que ademais do grupo habitual, contarán cunha orquestación de metais e unha boa representación do Coro da Rá.

disco discolo

Un grupo ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi Fernández. O amplísimo repertorio do grupo, creado a modo de skectchs para as Ultranoites dos últimos 10 anos, recorre, desde o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia, a vida social, cultural e política de a Galicia Nai e Señora, nun espectáculo ao que o público nunca é indiferente.

“Despois de moitos ans de xoldras e xirimías enriba dos esceairios e, ás veces, embaixo deles, Os da Ría, dempois da súa ira de despedideira senlleira que eisí dure moitos ans, apresentan,  por fin, o seu ‘disco díscolo’, con todos os xites que coverteron estes dous trangalleiros nos auténticos mitos da cantarela livián galegueira. Se callar estamos a falar do concerto do século…”

 

“Xa empodeides compradelar a vosa entradola e formar parte de o evento máis senlleiro de a temporádola. Nunhos días, tamén podereides mercadelar entrádolas con autobús dende a Rúa da Rosa.”

Sigue esta ligazón: Mercar entradas na web da Rede Nasa