Deixate de prexuízos, cultiva a diferenza!

A sociedade, a educación e os medios tenden a crearnos unha necesidade de aprobación, de ser aceptados polo grupo, de crear unha masa uniforme de xente que faga cola para mercar este ou aquel producto. Estamos cheos de prexuízos e a moitos interésalle que así sexa…

#eresespecial

Pero nós cremos no dereito de ser diferentes, de ser individuos independentes coa nosa propia personalidade e ideas propias. Olvidámonos frecuentemente que somos seres únicos e irrepetibles, sen necesidade de demostrar nada.

Temos dereito a pensar dun modo distinto ao da maioría sen que iso nos estigmatice, e iso conséguese entre todos. Sendo unha sociedade máis tolerante, con valores e con pensamento propio.

Vive na diversidade e desfrutao, pois #eresespecial 😉

Galicia tenta promocionar os seus viños nunha gran feira

Os presidentes dos cinco consellos reguladores das denominacións de orixe propuxeron á Consellería de Medio Rural a necesidade de traballar nunha gran feira do viño en Galicia que sexa potente, capaz de atraer a outras denominacións de orixe do resto de España e, incluso, doutros países. A demanda vai ser estudada pola titular deste departamento autonómico, Rosa Quintana, para que ‘sexamos capaces de transmitir co viño unha maneira de ser que é a do galego, unha cultura, unhas tradicións e tamén unha calidade’, segundo sinalou.

mapa_d_o_galizaPolo momento, aínda falta por concretar a data da primeira edición así como o lugar de celebración, eso si, organizarase con independencia das que cada denominación programa nas súas respectivas zonas. O presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Miguel Viso, declaraba que ‘trátase de aunar esforzos e traballar en conxunto con independencia dos productos direfenciados que ofertamos, pero baixo o paraugas de Galicia’.

A conselleira adiantou que se van unificar criterios de promoción co resto de departamentos que teñen competencia en materia de enoturismo e promoción para traballar xuntos cara unha mesma dirección e potenciar así conxuntamente as rutas do viño. Ademáis está a traballar na creación dun selo de promoción único baixo o que se ampararán todolos produtos agroalimentarios de calidade de Galicia, sen que perdan a súa identidade propia.

III Ranking independente de viños de menos de 10 €

(3er) ranking vinos

Un ano máis Mileurismo Gourmet volve convocar o Ranking independente de viños 10 € na súa 3ª edición.

Hoxe, 1 de Decembro, en Pontevedra, un xurado especializado composto por adegueiros, enólogos, prensa especializada, importadores e afeccionados será o encargado de decidir cales dos viños presentados (mais de 300 referencias na edición de 2011) son merecedores de ser considerados os mellores por debaixo dos 10 € de prezo de venda ao público.

Dous seguen sendo os obxectivos principais desta cita. Por un lado dar a coñecer e difundir viños de excelente relación calidade prezo e accesibles ao público en xeral. Por outra, apoiar e fomentar o traballo daqueles produtores, pequenos e grandes, que conseguen elaborar viños de calidade, honestos e a prezos competitivos.

Pontevedra converterase na capital  do viño para todos. O equipo de Vinoteca Bagos, un dos mellores espazos dedicados ao viño no país que, ademais, inaugurara novo local no centro neurálxico da cidade, será o encargado de dispoñer a loxística necesaria para a realización da cata.

Pero tamén haberá novidades. A máis importante, este ano o Ranking ábrese ao público, e tras a deliberación, concretamente o próximo 15 de decembro, con ocasión da entrega de galardóns, terá lugar unha cea maridada cos viños vencedores á que todos os pontevedreses, e aqueles que queiran desprazarse poderán acudir logo de reserva. Unha ocasión xenial para intercambiar impresións entre consumidores, afeccionados, bodegueiros premiados e organizadores do Ranking.

Para elixir o foro de tal evento escolleuse o Hotel Room, un atrevido e espectacular espazo cuxo proxecto, comprometido coa vangarda Hoteleira e Culinaria de Pontevedra, non deixará indiferente a ninguén.

A edición de 2011 contou coa participación de máis de trescentas marcas vindas de cincuenta denominacións de orixe de España, Portugal, Francia, Italia e Arxentina. Este ano espérase unha elevada participación de viños fundamentalmente nacionais de gran calidade que farán moi difícil o traballo do xurado.

Fonte: Galicia Confidencial
Descargas: Dossier Ranking 2012