Os tres mellores no ranking da Despensa

O vindeiro lúns día 1 de abril cumprimos 7 meses compartindo contidos con vós grazas a creación deste pequeno recuncho ó que bautizamos (en WordPress jeje) co nome de A Despensa, e para celebralo, hoxe deixámosvos un resumo dos tres artigos máis vistos dende o 1 de setembro do ano pasado, día no que comezamos a publicar cousiñas por aquí! Pois o dito, aí vai o noso ranking, composto por 3 artigos, os cales xuntos suman o 16,5% das visitas totais do noso blog:

Entrevista máis Senlleira1º. Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg, do día 16 de xaneiro foi o artigo máis lido cun 7,2% das visitas. Nel publicabamos unha entrevista no programa A Revista, guiado por Lorena Pose, ós nosos amigos de Os da Ría. Unha entrevista moi trangalleira e que deu moito que falar, á vista está vendo o interese que lle prestastedes á publicación da mesma neste mesmo lugar.

 

felicitacion senlleira nadal2º. A felicitación máis Senlleira do Nadal, do día 21 de decembro atópase na segunda praza deste ranking cun 5,2% de visitas. De novo un video e de novo Os da Ría, pero desta volta grabando aquí mesmo na adega unha felicitación de nadal moi orixinal e como non, harmonizada coa súa sensacional música.

 

 

pack senlleiro3º. Participa no Gran Sorteo do pack máis Senlleiro deste Nadal!, duns días despois do anterior, do 28 de decembro (e non era ningunha broma eh!) e co 4,1% das visitas totais do blog a día de hoxe. Nel sorteabamos un pack “composto de tres botellas (non unha, nin dúas… tres!) do viño branco máis Senlleiro super edición especial e do grandísimo e inigüalable Disco Díscolo de Os da Ría.” Foi todo un éxito e tivemos de gañadora do mesmo a unha gran amiga nosa veciña da comarca do Carballiño.

Visitadeas de novo aproveitando estes días de lecer! e antes de nada, un millón de grazas por acompañarnos, por lernos e por seguirnos semanalmente, sen vós todo isto non tería sentido 😉

Non deixes de ver a Senlleira entrevista de Os da Ría na Revista da Tvg

De novo Os da Ría sorprenden a propios e extranos coa súa personalidade trangalleira nunha senlleira entrevista na Revista da Tvg, guiada pola fermosa periodista Lorena Pose, e demóstranlle aos galegueiros e galegueiras que a culturiña é o máis importante. Presentando a “xiradeliña depedideira do Disco Díscolo, ese conxunto de xites que compunxen a banda sonora dos vosos soñolos e dos vosos recórdolos” a emoción de escoitalerar a Carlos Meixide e Tomás Lijó danos “ata gañas de invadir o Bierzo!”.

“Se os cataláns teñen o cávola e os franceses teñen o champaña, os galegueiros e as galegueiras tamén debemos ter o nosos viño propio pos nosos bríndeles, e ese e o viño Senlleiro, o viño máis cantareiro e bailadeiro!” di Carlos Meixide nun momento da entrevista logo de comentar Lorena Pose o despregue de productos e de consultar pola calidade do viño, do que ademáis afirma Tomás Lijó que “podemos dar fé da encalidade do producto e non en balde é o viño que bebemos Os da Ría“.

Non deixedes de ver esta senlleira entrevista, non deixes de escoitar “nos teus Audis e nos teus chaleses” este Dísco Díscolo, e como non, deixa que o viño Senlleiro “encompañe os teus bríndeles en todalas celebracións”.

Entrevista máis Senlleira

Sigue a entrevista entre os minutos 18 e 28!