É San Martiño, chegou o magosto!!

Castañas, chourizos e viño tinto… iso é o primeiro que nos ven á cabeza a ourensáns e galegos en xeral nestes días de principios de novembro! Feliz San Martiño, e feliz magosto!!

porta_da_rainha2

Oes! e postos a facer churrasco… probaches o ben que marida o noso viño Porta da Raíña, elaborado 100% con uva treixadura, cunha boa parrillada aromatizada con tomillo e orégano?!

Un gusto para os sentidos 😉

Empanada de castañas, cogumelos e chourizo para San Martiño

A receita de hoxe vai adicada aos Erasmus, universitarios, e estudantes en xeral. Se queres sorprender ós amigos neste día festivo de magosto cun menú “tipical Galician” de elaboración moi sinxela, ingredientes moi comúns e de temporada, aquí vas atopar todo o que necesitas para conseguilo.

Perfecto prato para acompañar cunha copiña de viño tinto, que como xa che contamos é un magnífico antioxidante, e bo axudante contra a depresión. Recorda que os cogumelos débelos mercar sempre envasados e etiquetados, ou no caso de ser silvestres, recollidos por xente preparada, coñecedora das especies micolóxicas evitando así calquera tipo de intoxicación.

empanada castañasIngredientes (para 4 persoas)
2 paquetes de 275g. de masa follada fresca
Papel vexetal para forno
300 g. de cogumelos (cogordos, boletus, champiñóns…)
100 g. de castañas
2 chourizos de carne
2 dentes de allo
1 cebola
1 pemento morrón
Néveda ou anís
Azafrán
Pemento picante
Fariña de trigo
Aceite de oliva
Sal

Elaboración
Comezamos cortando a cebola en xuliana, o allo menudiño, e os cogumelos e o pemento morrón en tiras. Salteámos todo nunha tixola cun chorriño de aceite e reservamos. Mentras estea morno engadimos o azafrán e o pemento picante (así evitamos que se queimen) ó gusto e remexemos para que se mezcle ben.
Por outra banda, para cocer as castañas mediamos un cazo con auga aromatizada cunhas follas de néveda ou uns grans de anís e un chisquiño de sal. Cando rematen de cocer, aproximadamente 60 minutos despois de levantar fervura, quitamos a casca con coidado de non rompelas, e engadímolas á tixola mezclando cunha culler de pau o que vai ser o recheo da empanada.
Agora é momento de estirar a masa, e para iso “salpicamos” o mesado cunha chisca de fariña para que non se nos pegue a masa e axudámonos dun rolo para estirala un chisco.
O seguinte paso é colocar a primeira capa de masa, que será a base da empanada, sobre un papel vexetal para forno. Cubrimos a masa follada repartindo uniformemente o recheo e colocamos a outra capa por enriba. Enrolamos as beiras para rematar de pechala, facéndolle así os ricos corroscos, abrimos un buraquiño no medio e untamos a tapa cunha chisca de aceite de oliva.
Por último prequentamos o forno a 200º e metemos a empanada a 180º con calor por enrriba e por debaixo durante 15 ou 20 minutos, segundo a queirades máis ou menos churruscadiña.
Sacamos e servimos.

Descarga a receita en .pdf no noso: Receitario