Receita de temporada: Orellas de Entroido!

“Un Entroido sen os seus típicos doces non seria un autentico Entroido”. Isto dedúcese da grande demanda e éxito que teñen estes exquisitos doces propios da nosa cultura durante esta época festiva, ou tamén, por que non, en calquera outro momento que nos praza. Cada comarca outórgalles unha denominación propia ou varíanlle os ingredientes pero sen dubida son estes os que aportan a nota de sabor a Don Carnal -extraído do artigo As sobremesas do Entroido de Vieiros da Escola-.

ORELLAS DE ENTROIDO

orellas entroidoIngredientes para 12 persoas:
1 quilo de fariña de trigo
4 ovos
1 litro de aceite de oliva
2 iogures naturais
250 gramos de manteiga ou manteca de cerdo
Unhas gotas de esencia de anís
2 culleradas de licor de anís ou augardente
Unha pizca de sal
250 gramos de azúcre
Azúcre glass para espolvorear
Raiadura de un limón ou laranxa
1 vaso de auga morna

Preparación:
Nun bol grande engadimos a auga morna, a sal, a manteiga previamente derretida, a raiadura de limón ou laranxa, os iogures, o azúcre, o anís e os ovos. Batemos ata que nos quede unha crema sen grumos. A continuación engadimos a fariña de trigo pouco a pouco e amasamos suavemente ata que quede unha masa grasa e suave de traballar.
Deixamos repousar a masa por unha hora, logo pouco a pouca imos sacando boletes do tamaño dunha noz e estirámola co rodillo ou cunha botella, dándolle forma as orellas. Un pequeno truco para que non se pequen e sexa máis sinxelo o estirado é untar de aceite, e non de fariña, o rodillo. Recorda que podes deixar a masa o máis fina posible para que estexan crocantes, pero iso xa dependerá de como che gusten a ti!
Quenta unha tixola ó lume con abundante aceite de oliva e engade un anaco de masa para saber cando está o aceite listo para comezar e fritir. Frite as orellas polos dous lados ata que estexan douradas, retiraas a un prato con papel de cociña para que absorva o exceso de aceite e por último engade o azúcre glaseado con anís, ou mezclado con canela en pó que tamén están boísimas!

Bo proveito e feliz Entroido!

Receitas en tempos de crise: Rosca de Reis

Froito do resultado da enquisa que publicamos o día 25 deste mes e visto o resultado (bastante axustado) das vosas votacións, velaquí publicamos o tema escollido por vós os nosos queridos lectores: unha receita de Nadal!

ROSCÓN DE REIS

rosca de reisIngredientes para 8 persoas:
350 gramos de fariña de trigo (debe ser fariña de forza)
25 gramos de levadura fresca
130 gramos de leite enteira morna (125 ml)
100 gramos de azúcre
75 gramos de manteiga sen sal
1 ovo enteiro máis 3 xemas
Raiadura de 1 laranxa
1 culler de ron añejo (ou augardente tostada)
1 culler pequena de aroma de azahar (ten que ser aroma apto para alimentación)
1/3 de unha culler pequena con sal fina

Para decorar o roscón (aquí o que ti prefiras): froita escarchada, azúcar, almendras fileteadas…

Utensilios necesarios: necesitarás un pincel para pintar co ovo batido, papel film transparente e varias follas de papel de forno.

Preparación:

Derreter a manteiga, engadir as raiaduras de laranxa e o aroma de azahar.
Noutro bol botar a fariña, facer un buraco no medio e meter a manteiga coas raiaduras e o aroma de azahar.
Neste bol vacío batir as xemas, o ovo e o azúcre ben batido (Acordate de gardar unha xema para dar cor ó roscón).
Cando esté ben batido engadilo á fariña e traballar ben a pasta.
Aparte desolver a levadura coa leite morna, engadila á masa e a mezclar cos dedos!
Traballaa ben ata que a masa se desprenda das paredes do bol, (que non se pegue, vamos jeje), que quede unha bola, e así deixaa repousar tapada media hora.
Logo collela e dalle forma de rosca, mete a sorpresa e a faba, pinta coa xema e deixaa repousar 1 hora tapada nun sitio cálido.
Unha vez pasada a hora adornaa, engádelle o azúcre, e ao forno medio alto durante unha media hora.

Bo proveito!!