Adegamariadopilar.com actualízase neste verán tan caluroso de 2013

Mantendo a mesma senlleira estética da páxina dende a súa creación , adegamariadopilar.com actualiza os seus contidos neste verán tan rechamante que nos toca vivir neste 2013.

Engadindo todos aqueles sitios de internet nos que nos podedes seguir tales como este blog de WordPress así como os perfís nas redes sociais Twitter e Google+. Ademáis de mostrar a nova imaxe dos nosos tres viños Rechamante, Senlleiro Selección e a edición limitadísima de Porta da Raíña, un branco con carácter elaborado coa mellor treixadura criada sobre lías. Un apartado novo para contactar con nós… e un longo etcétera!

En vez de seguir a explicarvos todos os cambios… non sería mellor que os descubrirades por vós mesmos!? Non deixedes de visitar a nosa humilde páxina adegamariadopilar.com!

Saúdos 😉

Nova imaxe para os viños de Adega María do Pilar

Este fin de semana fixemos coincidir xunto coa 50 edición da Feira do Viño do Ribeiro a presentación da nova imaxe dos nosos viños, e desa maneira, esta feira tan especial valeunos como escaparate para mostrarvos o resultado do traballo levado a cabo no deseño das novas etiquetas. Demoslle unha imaxe moito máis actual e engadimoslle moita máis información na contraetiqueta, na cal por medio de iconos  indicamosvos as variedades, a temperatura de servizo e ata pratos cos que maridar o viño!

Para os que non poidestedes visitar o noso stand na Alameda de Ribadavia, subímosvos unhas fotiños. E aínda que de todos xeitos comezaredes a ver pola rúa a nova imaxe do viño branco Senlleiro, do tinto Rechamante, e de Porta da Raíña, unha edición especial de tan só 1332 botellas de treixadura sobre lías, velaí as tedes!

Deseñando un cambio de imaxe dos nosos viños!

Co gaio da 50 edición da Feira do Viño do Ribeiro que se celebra este mes de maio en Ribadavia, como non podía ser doutra maneira, dende a Adega propuxémonos dar un paso máis na modernización da nosa imaxe emprendida tempo atrás coa creación da páxina web www.adegamariadopilar.com, co deseño do novo logotipo -ese carballo tan noso, forte e arraigado- e dende finais do ano pasado coa creación deste blog -unha Despensa chea de contidos-, o perfil de Twitter @Adegamariapilar e o perfil da Adega en Google+.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Este ano a nova imaxe pouco vai ter que ver coa evolución que tiveron as etiquetas que aquí vos presentamos nestas diapositivas. Cunha imaxe rompedora, cambiando o tamaño, as cores, o tipo de letra e cun deseño innovador da contraetiqueta que será moito máis sinxela de ler e moito máis explicativa que nunca, chegarán ó mercado as nosas 3 remozadas marcas, Senlleiro, Rechamante e unha edición especial da que nin sequera vos podemos adiantar o nome!! Bueno, non seremos tan malos e quizais en próximas datas teñades máis noticias sobre esta edición limitada…jeje.

Por iso este ano non debedes deixar de visitarnos no noso stand da Feira do Viño. É un ano especial, unha 50 edición non se celebra todos os días! E como xa vedes, temos moito que mostrarvos…