O Nautico de Castrelo comeza unha nova etapa!

Dende hoxe, 28 de marzo, estarán en funcionamiento, e completamente renovadas, as instalacións de servizos do Parque Náutico de Castrelo de Miño. Cafetería, restaurante, viñoteca, sala de reunións e eventos e unha variada oferta de actividades para poñer en valor o enorme potencial do “mar interior” do Ribeiro.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Un deseño moderno e funcional, produtos de calidade e un trato agradable serán as señas de identidade deste novo espazo ao servizo de veciños e visitantes. Si precisas organizar un evento, un xantar de empresa, unha celebración familiar ou descubrir a riqueza vitícola do Ribeiro acabas de atopar o lugar axeitado.

Sigue ao Parque Nautico en: Facebook, Twitter, Web

Viño e música no primeiro Ribeiroblues Wine Festival

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle dende hoxe a primera edición do Ribeiroblues Wine Festival que combina viño e música nun fermoso espacio natural a beira do río Miño. No que se darán cita un total de sete grupos, además de 18 adegas que engaden o sabor máis propio de O Ribeiro ao evento promovido polo concello de Castrelo de Miño.

Ribeiro Blues 14A partires das 21:30 horas de hoxe arranca a música. Lulaivai, Rooibos, Adrián Costas e o Maquineto ademais de Sinestesia amenizarán esta primeira noite do festival. Para a segunda xornada reservanse Sons do ento que pasa, Sés e Víctor Aneiros.

Actividades náuticas como a vela, pedaletas ou viaxar en catamarán amplían a oferta do Ribeiroblues Wine Festival, donde outros deportes como windsurf ou kayak resultarán tamén moi atractivos.

Todo o que acuda a este “enofestival” poderá quedarse a durmir na amplia zoa de acampada libre que se pon a disposición de todos os asistentes.

Para la organización de evento, o concello de Castrelo de Miño contou co apoio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Fonte: Faro de Vigo