“Armonías do Ribeiro” no show cooking do Ponte Vella

O martes 26 de novembro o afamado cociñeiro Diego López, xefe de cociña do restaurante La Molinera de Lalín, realizará diferentes pinchos que armonizarán cos caldos da D.O. Ribeiro, cunha cata dirixida polo director técnico do Consello Regulador Pablo Vidal.

diego lópezO lúns 25 comeza unha nova edición das VI Xornadas Gastronómicas Ponte Vella, desta volta co xoven cociñeiro de prestixio nacional Diego López, preparando en directo platos e receitas con productos típicos do noso entorno como a castaña e os viños do Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras.

As xornadas celébranse na planta baixa do centro comercial e desenrrólanse ata o xoves 28 de novembro, nun horario de 6 a 8 da tarde. As persoas que desexen participar poden inscribirse no Punto de Información do Ponte Vella ou ben no número 988510232.

Programación:

VI xornadas gastronomicas– Lúns 25: “Cociñar con castañas”; presentación das xornadas e cociña creativa con viños da Ribeira Sacra.

– Martes 26: “Armonías do Ribeiro”; Diego López realizará receitas para armonizar cos viños do Ribeiro.

– Mércores 27: cociña creativa e presentación dos viños do Ribeiro da Adega A Portela de Beade.

– Xoves 28: “Armonías de Valdeorras”; Diego López armonizará desta volta receitas con caldos de Valdeorras.

Comeza “Sabores de Outono 2012”

A mellor opción para ir de pinchos por Ourense!

Comeza a nova edición do Concuso de pinchos “Sabores de Outono”, que se celebrará na cidade dende luns, 19 de novembro, e ata o día 2 de decembro e que ten coma obxectivo convidar aos veciños e veciñas da cidade a descubrir e saborear a mellor gastronomía da cidade que arrisca e sorprende en pequenos bocados.

Esta edición, con 53 establecementos participantes (41 concursarán na dinámica de pinchos de Outono e otros 17 propoñen un menú específico con motivo do concurso), fronte aos 26 da edición anterior e que a converten na máis participativa e poñen en valor a importancia e calidade gastronómica de Ourense. Espetadas, tostas, filloas, risottos, montadiños, petiscos, caprichos, delicias e bocados de toda clase son os suxerentes nomes e presentacións coa que os establecementos nomean as súas creacións para esta nova edición do Concurso de Pinchos de Outono.
Como xa é traicional os establecementos participan coa elaboración e presentación única dun pincho, e o único requisito esixido é que na sua creación conteñan castañas ou cogumelos, productos representativos da gastronomía local nesta tempada. Ao remate da 5ª edición, o 2 de decembro, terá lugar a lectura do fallo do xurado e farase entrega dos premios.
Haberá 3 categorías: xurado, prensa e popular. Os outorgados polo xurado especializado, composto por 5 membros, personalidades recoñecidas no sector gastronómico, valorarán os pinchos e menús mási senlleiros e de maior calidade gastronómica. Outro dos premios será outorgado polos medios de comunicación que o escollerán tras unha degustación e o terceiro, e último, será o tradicional premio popular ao que están chamados a participar tódolos ourensáns.