A túa creatividade ten premio!

Este ano queremos premiar a túa creatividade. E para iso deseñamos unhas etiquetas diferentes para o noso viño de treixadura, nas que podes dar renda solta á túa imaxinación.

Como xa sabes, este venres e sábado é o RibeiroBlues Wine Festival. Dous días para escoitar a mellor música e beber viños senlleiros no entorno do Nautico de Castrelo. E como non, para pintar!

image

Debuxar nas etiquetas ten premio!

– E estaraste a preguntar, que teño que facer?
Pois moi sinxelo. Nós deixamosche uns rotuladores de cores para que firmes, debuxes, taches, fagas dedicatorias ou o que che dea a gana.

-E cal é o premio?
Por estricta orde, os 10 primeiros terán un paseo nocturno en catamarán + un par de botellas de viño.

Aproveitade e andade agudos, que isto só vai pasar o venres 7!!! 😉

Advertisements

Porta da Raíña 2014, dará moito que falar!

image

A primeira botella do Porta da Raíña'14

Contan os vellos que todo o bo se fai agardar… e nos somos moi tradicionais según para que cousas! Por iso deixamos repousar esta treixadura con moita paciencia e agarimo nas cubas primeiro, e na botella logo, sabedores de que o caldo se fai a fogo lento.

Variedade: Treixadura.

Zona de orixe: Froito da nosa viña de Sequeiros (Casardeita).

Elaboración: Edición limitada froito da selección das mellores uvas de treixadura, vendimado e transportado en caixas preservando a integridade da uva. Leve maceración en prensa, fermentación a temperaturas baixas para manter aromas.

Graduación alcólica: 13% vol.

Gastronomía: Mariscos, peixes azuis, aves de caza.

Temperatura de servizo: 11º C.

Porta da Raíña nos “Jueves Únicos” de Madrid

A Bodega de los Reyes ven de nos convidar a enviarlles botellas da nosa prezada treixadura Porta da Raíña, que nestes días recibiu 5 estrelas e 90 puntos da Guía Peñín, para que os asistentes ás xornadas “Jueves Únikos” poidan degustala xunto con outros cinco viños de diferentes D.O. de España maridados cuns suculentos pinchos.

portadarainha-juevesunikosPrograma de Cata Jueves 9 de Octubre:

Blanco:
Ribeiro “Porta Da Raiña” Bodegas María do Pilar
Moscato Bianco “Viña Tendida” Bodegas Reymos (Alicante)
Rosado:
Moscato Rosé ” Viña Tendida” Bodegas Reymos (Alicante)
“Entremares rosado” Bodegas Orán (Extremadura)
Tinto:
Ribera del Duero ” Finca Resalso” Bodegas Emilio Moro
Bodegas Occidente ” Buche ’12 Zona del Raposo

Haz de tu JUEVES un día diferente!!!