Striking! :P

Gañamos un concurso cada vez que descorchas unha botella do noso viño… grazas por escollernos! 😉 #Cospésnaterrarechamantenaterra

Advertisements

A madrugar, que estamos de vendima!

Outro ano máis aquí estamos vendimando como posesos, e é que hai que recoller as uviñas para poder facer ese Ribeiro tan senlleiro, que vos gusta tanto a todos! Cunha saúde estupenda dos racimos e unha climatoloxía tan boa… que máis podemos pedir?!

This slideshow requires JavaScript.

Comezamos recollendo as uvas de treixadura, pois son as que mellor maduración acadaron e as que temos que tratar con máis agarimo para elaborar con elas a edición limitada de Porta da Raíña. Logo seguimos recolectando as uvas de Godello e Albariño, que certamente atopánse nun estado de acidez e azúcres moi adecuado, grazas ao que contamos con que o Senlleiro 2014 sexa moi equilibrado.

E rematamos a vendima un ano máis vendimando o tinto! Mencías, Brancellao e os últimos en chegar as nosas viñas, Sousón e Caíño, todos coa lixeira sobremaduración que todos os anos agardamos para conferirlle eses aromas de regaliz ao noso viño Rechamante, un tinto das montañas do Ribeiro!

Vémonos na 15º edición de Xantar!

Xa está outro ano máis con nós unha nova edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo Xantar, que se celebra desta volta dos días 5 ao 9 de febreiro en Expourense. Non dubides en visitar o stand do concello de Castrelo de Miño se queres degustar gratuitamente os nosos viños Rechamante, Senlleiro e Porta da Raíña!

15 EDICION XANTAR

Xa temos os convites!

Obxectivos
O principal obxectivo de Xantar é defender a cultura da calidade na gastronomía e posicionala como un dos reclamos turísticos máis importantes. Por elo, tamén teñen o seu espazo neste salón outros destinos de España e Portugal que queiran promocionar a súa gastronomía como motivación decisiva á hora de atraer visitantes, co obxectivo de compartir experiencias.

País convidado
O salón conta coa figura do país convidado, que este ano é Cuba. Unha iniciativa que ten moi boa acollida por parte do público asistente ó salón e unha gran repercusión entre os medios de comunicación.
Francia, México, Portugal, A Arxentina e Perú participaron en edicións pasadas promocionando os seus recursos turísticos e gastronómicos a través de: restauración, stand, degustacións, catas, obradoiros ou folclore.